PONTEAREAS
A delegación de alfombristas mexicanos visitou os portais alfombristas
Acompañados dos membros do goberno intercambiaron impresións cos e coas alfombristas de Ponteareas
O goberno de Ponteareas recibíu onte á delegación de alfombristas de La octava noche de Uriangato Guanajuato, México, que deixará a súa pegada no CORPUS 2019.
O salón de plenos acolleu aos cinco alfombristas que representan a esta asociación con máis de 53 anos dedicándose a propagar unha arte popular e colectiva, ao igual que o fan os e as alfombristas de Ponteareas, conseguindo transmitir a millóns de persoas esta parte da cultura e historia de México.
A comitiva mexicana visitou os portais alfombristas acompañados de membros do goberno e doutros alfombristas ponteareás cos que aproveitaron para intercambiar expresións. Mañá sábado contarán co apoio de persoal municipal e voluntarios para a confección da súa alfombra que terá 14 metros de longo por 7 de ancho.
Un día e medio de viaxe e nove horas cruzando o Atlántico non foron suficientes para cansar a estes cinco alfombristas que amosaron dende o primeiro momento o seu interese por coñecer a vila e participar en todos os actos da nosa festividade.
A delegación de Uriangato, ao igual que os e as nosas alfombristas, leva no sangue o amor pola conservación da confección das alfombras florais e contribúen na preservación da cultura expresada mediante arte efémera, formando parte da Comisión Internacional de Entidades Alfombristas.
“La Octava Noche” alfombrará un tramo da Praza Maior tralo seu paso pola Flower Carpet de Bruselas, Bélxica, amosando a fermosura das súas creacións que xa teñen viaxado por California (EEUU) ou por Xapón.
As begonias, dalias e a casca de árbores, entre outros ingredientes naturais, forman parte esencial dos seus deseños.
Responsables da coordinación de tres encontros internacionais de alfombristas con sede na súa cidade, “La Octava Noche” ten estreitado lazos con países como Brasil, Italia, Malta ou India onde promoven e difunden esta tradición e sabedoría popular.
Onte tamén foron recibidos os canarios da vila de La Orotava que xa forman parte da nosa cidade e das nosas señas de identidade. Os alfombristas de La Orotava volverán atraer a ollada dos visitantes coas súas alfombras de areas e terras volcánicas ubicada xusto diante da igrexa e primeira alfombra que pisa a procesión.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8