PROVINCIA
A FP Dual continúa avanzando con 11 novos proxectos na Provincia de Pontevedra
A Consellería de Educación publica a oferta de formación profesional, con 9382 prazas en primeiro curso nas diferentes modalidades de ciclos formativos nesta provincia
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a oferta de ciclos formativos para o curso 2019/20. En total, contempla 9.382 prazas en primeiro curso en centros públicos da provincia de Pontevedra (en números similares ao curso anterior), en 381 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 6.991 forman parte do réxime ordinario –2.781 en grao medio, 2.932 en grao superior, 1098 en FP Básica e 180 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa-, mentres que outras 1.613 son do réxime modular para persoas adultas –728 en grao medio e 885 en grao superior-, e 600 do réxime modular a distancia –150 en grao medio e 450 en grao superior-.
No referido á FP Dual ofértase un total de 178 prazas (106 en grao medio e 72 en grao superior). A principal novidade é a incorporación á oferta de 11 novos proxectos de FP Dual. Deste xeito avánzase no Plan de dinamización da FP Dual de Galicia. Así mesmo, foméntase a incorporación destas ensinanzas a sectores estratéxicos e punteiros.
Os ciclos concretos amósanse na seguinte táboa (sombreados en amarelo os totalmente novos, mentres que os que están sen sombrear son novas edicións de ciclos que xa se estaban impartindo):
Centro
Ciclo
Empresa
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)
GM Instalacións frigoríficas e de climatización
Eurostars Hotel Company, SLU
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)
GM Carrozaría
Álvaro Hermida, S.L.
Pérez Rumbao Car, S.L.
Talleres Gumerjo, S.L.
Varela Motor, S.L.
IES A Guía (Vigo)
GM Comercialización de produtos alimentarios
(ciclo LOE de nova implantación)
Pontevicus, S.L.U.
Centros Comerciales Carrefour, S.A.
Auchan Retail España S.L.U.
El Corte Inglés, S.A.
Vego Supermercados S.A.
IES Luís Seoane (Pontevedra)
GM Comercialización de produtos alimentarios
(ciclo LOE de nova implantación)
Pontevicus, S.L.U.
Centros Comerciales Carrefour, S.A.
Auchan Retail España S.L.U.
Vego Supermercados S.A.
IES A Sangriña (A Guarda)
GM Carrozaría
Vehículos Pérez Rumbao, S.A.
Celtamotor, S.L.
Talleres Sport Novas, S.L.
Automóviles Louzao Pontevedra, S.L.U.
Costas y Gestoso, S.L.
Rofervigo, S.L.
Talleres Gumerjo, S.L.
IES de Valga (Valga)
GM Soldadura e caldeiraría
Gama e Hijos, S.L.
Barton Maquinaria, S.L.
Maimbar Group, S.L.
Thune Eureka, S.A.
Alfogar, S.L
IES Ricardo Mella (Vigo)
CM Coidados auxiliares enfermaría
Geriatros, S.A.U.
IES A Guía (Vigo)
GS Xestións de vendas e espazos comerciais
Leroy Merlin España, S.L.
Media Markt Saturn Administración España, SAU
Mourente Motor Automoción, S.L.U.
Álvaro Hermida, S.L:
Pérez Rumbao Car, S.L.
Talleres Gumerjo, S.L.
Vehículos Pérez Rumbao, S.A.
Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo)
GS Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións
ARVI
Freiremar S.A.
Moradiña S.L.
Pesqueras de Bon S.A.
Febesa Cangas S.A.
Pescapuerta S.A.
Hermanos Gandon S.A.
Agustin Santome S.L.
Pesquerías Carral S.A.
Stella Maris de Bueu S.L.
Armadora Pereira S.A.
Walvisfish S.L.
Gordejuela Pesca S.L.
Pescaberbes S.A.
Angelsonia Pesca SLU
Viverdreams Fish S.L.
CIFP Carlos Oroza (Pontevedra)
GS Xestión de aloxamentos turísticos
Eurostars Hotel Company SLU
IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)
GS Mecatrónica industrial
Cefrico, SL.
Escurís, SL.
Conservas Daporta, SL.
Ignacio González Montes, SA.
Nestle España, S.A.
Aluminios Cortizo, S.A.U.
Crown Food España, S.A.U.
Modificacións
Como é habitual, a oferta de FP flutúa para adaptarse ás necesidades do tecido produtivo e as características da poboación de cada zona, o que supón unha oportunidade laboral para os titulados. Deste xeito, o novo mapa contempla cambios en diferentes centros, a maiores das novas incorporacións en materia de FP Dual. Por outra banda, deixan de ofertarse por falta de alumnado, algúns ciclos.
Deste xeito, no que atinxe ao réxime ordinario presencial, na FP Básica o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada) suma o ciclo de Informática de oficina e o de Carpintería e moble e perde o de Servizos administrativos, mesma titulación que deixa de ofertar tamén o IES Pedro Floriani (Redondela).
En grao medio o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA, A Illa de Arousa) suma o ciclo en Operacións subacuáticas e hiperbáricas (que se oferta de forma bianual, é dicir, un ano si e outro non), mentres que o CIFP A Xunqueira (Pontevedra) perde o de Instalación e amoblamento. En grao superior, o IES A Guía (Vigo), o IES María Soliño (Cangas) e o IES Miguel Ángel González Estévez (Vilagarcía de Arousa) cambian o ciclo de Ensinanzas e animación sociodeportiva polo de Acondicionamento físico (Ciclo LOE de nova implantación); mentres que o CIFP A Granxa (Ponteareas) suma o ciclo en Educación e control ambiental. Pola contra, no IES A Basella (Vilanova de Arousa) deixa de ofertarse Química ambiental e o IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa) perde o ciclo de Asistencia á dirección.
Cómpre salientar que os 3 centros da provincia que incorporan o ciclo de grao superior de Acondicionamento físico (IES A Guía, en Vigo; IES María Soliño, en Cangas; e IES Miguel Ángel González Estévez, en Vilagarcía de Arousa) fano incluíndo nel o novo Módulo de Lingua Estranxeira Profesional, módulo propio da CCAA nos novos títulos a implantar no curso 2019/2020 sen módulo lingüístico.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a oferta de ciclos formativos para o curso 2019/20. En total, contempla 9.382 prazas en primeiro curso en centros públicos da provincia de Pontevedra (en números similares ao curso anterior), en 381 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 6.991 forman parte do réxime ordinario –2.781 en grao medio, 2.932 en grao superior, 1098 en FP Básica e 180 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa-, mentres que outras 1.613 son do réxime modular para persoas adultas –728 en grao medio e 885 en grao superior-, e 600 do réxime modular a distancia –150 en grao medio e 450 en grao superior-.
No referido á FP Dual ofértase un total de 178 prazas (106 en grao medio e 72 en grao superior). A principal novidade é a incorporación á oferta de 11 novos proxectos de FP Dual. Deste xeito avánzase no Plan de dinamización da FP Dual de Galicia. Así mesmo, foméntase a incorporación destas ensinanzas a sectores estratéxicos e punteiros.
Os ciclos concretos amósanse na seguinte táboa (sombreados en amarelo os totalmente novos, mentres que os que están sen sombrear son novas edicións de ciclos que xa se estaban impartindo):
|
Centro |
Ciclo |
Empresa |
|
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) |
GM Instalacións frigoríficas e de climatización |
Eurostars Hotel Company, SLU |
|
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) |
GM Carrozaría |
Álvaro Hermida, S.L. Pérez Rumbao Car, S.L. Talleres Gumerjo, S.L. Varela Motor, S.L. |
|
IES A Guía (Vigo) |
GM Comercialización de produtos alimentarios (ciclo LOE de nova implantación) |
Pontevicus, S.L.U. Centros Comerciales Carrefour, S.A. Auchan Retail España S.L.U. El Corte Inglés, S.A. Vego Supermercados S.A. |
|
IES Luís Seoane (Pontevedra) |
GM Comercialización de produtos alimentarios (ciclo LOE de nova implantación) |
Pontevicus, S.L.U. Centros Comerciales Carrefour, S.A. Auchan Retail España S.L.U. Vego Supermercados S.A. |
|
IES A Sangriña (A Guarda) |
GM Carrozaría |
Vehículos Pérez Rumbao, S.A. Celtamotor, S.L. Talleres Sport Novas, S.L. Automóviles Louzao Pontevedra, S.L.U. Costas y Gestoso, S.L. Rofervigo, S.L. Talleres Gumerjo, S.L. |
|
IES de Valga (Valga) |
GM Soldadura e caldeiraría |
Gama e Hijos, S.L. Barton Maquinaria, S.L. Maimbar Group, S.L. Thune Eureka, S.A. Alfogar, S.L |
|
IES Ricardo Mella (Vigo) |
CM Coidados auxiliares enfermaría |
Geriatros, S.A.U. |
|
IES A Guía (Vigo)
|
GS Xestións de vendas e espazos comerciais |
Leroy Merlin España, S.L. Media Markt Saturn Administración España, SAU Mourente Motor Automoción, S.L.U. Álvaro Hermida, S.L: Pérez Rumbao Car, S.L. Talleres Gumerjo, S.L. Vehículos Pérez Rumbao, S.A. |
|
Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo) |
GS Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións |
ARVI Freiremar S.A. Moradiña S.L. Pesqueras de Bon S.A. Febesa Cangas S.A. Pescapuerta S.A. Hermanos Gandon S.A. Agustin Santome S.L. Pesquerías Carral S.A. Stella Maris de Bueu S.L. Armadora Pereira S.A. Walvisfish S.L. Gordejuela Pesca S.L. Pescaberbes S.A. Angelsonia Pesca SLU Viverdreams Fish S.L. |
|
CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) |
GS Xestión de aloxamentos turísticos |
Eurostars Hotel Company SLU |
|
IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa) |
GS Mecatrónica industrial |
Cefrico, SL. Escurís, SL. Conservas Daporta, SL. Ignacio González Montes, SA. Nestle España, S.A. Aluminios Cortizo, S.A.U. Crown Food España, S.A.U. |
Modificacións
Como é habitual, a oferta de FP flutúa para adaptarse ás necesidades do tecido produtivo e as características da poboación de cada zona, o que supón unha oportunidade laboral para os titulados. Deste xeito, o novo mapa contempla cambios en diferentes centros, a maiores das novas incorporacións en materia de FP Dual. Por outra banda, deixan de ofertarse por falta de alumnado, algúns ciclos.
Deste xeito, no que atinxe ao réxime ordinario presencial, na FP Básica o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada) suma o ciclo de Informática de oficina e o de Carpintería e moble e perde o de Servizos administrativos, mesma titulación que deixa de ofertar tamén o IES Pedro Floriani (Redondela).
En grao medio o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA, A Illa de Arousa) suma o ciclo en Operacións subacuáticas e hiperbáricas (que se oferta de forma bianual, é dicir, un ano si e outro non), mentres que o CIFP A Xunqueira (Pontevedra) perde o de Instalación e amoblamento. En grao superior, o IES A Guía (Vigo), o IES María Soliño (Cangas) e o IES Miguel Ángel González Estévez (Vilagarcía de Arousa) cambian o ciclo de Ensinanzas e animación sociodeportiva polo de Acondicionamento físico (Ciclo LOE de nova implantación); mentres que o CIFP A Granxa (Ponteareas) suma o ciclo en Educación e control ambiental. Pola contra, no IES A Basella (Vilanova de Arousa) deixa de ofertarse Química ambiental e o IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa) perde o ciclo de Asistencia á dirección.
Cómpre salientar que os 3 centros da provincia que incorporan o ciclo de grao superior de Acondicionamento físico (IES A Guía, en Vigo; IES María Soliño, en Cangas; e IES Miguel Ángel González Estévez, en Vilagarcía de Arousa) fano incluíndo nel o novo Módulo de Lingua Estranxeira Profesional, módulo propio da CCAA nos novos títulos a implantar no curso 2019/2020 sen módulo lingüístico.



































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186