VIGO
Vigo ultima a súa cita coas feiras do libro de Galicia que recalará na rúa do Príncipe a partir do 27 de xuño
O delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, participou na presentación en rolda de prensa da que é a corenta e cinco edición desta cita cultural
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou a semana pasada na rolda de prensa de presentación da Feira do Libro de Vigo que recalará na rúa do Príncipe do 27 de xuño ao 6 de xullo próximos. Trátase dunha cita anual que se inclúe no calendario das Feiras do Libro de Galicia 2019 e que é xa unha referencia para autores e lectores, tanto pola súa duración, oito días, como pola cantidade de actividades que se organizan ao seu redor.
As seguintes paradas no calendario das Feiras do Libro de Galicia 2019 serán Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos
O representante autonómico, aproveitou a ocasión para destacar a intensa colaboración entre a Federación de Librarías de Galicia, a Asociación Galega de Editoras e o Goberno autonómico, a prol de potenciar estes eventos, conscientes da súa importancia para achegar á cidadanía as novidades editoriais. Asemade, acentuou o acerto do lema elixido, “Máis que palabras”, sendo “a lectura, o libro e a palabra” a esencia destas citas culturais.
Vigo é a décima parada do calendario de Feiras do Libro de Galicia 2019, que despois irán a Ponteareas, do 11 ao 14 de xullo; e a localidade de Rianxo, entre o 25 e o 28 de xullo. Pecharase a edición do 2019, xa no mes de agosto, na Coruña, desde o 1 ata o día 11; en Viveiro, do día 14 ao 18; en Foz, entre o 22 e o 25; e, finalmente, en Monforte de Lemos, do día 28 ao 31.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60