GALICIA
A Xunta destaca que Galicia é un referente internacional na eólica offshore
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta semana en Ferrol no IV Hub Galician Offshore International, un dos principais foros de coñecemento do sector no eido da eólica mariña
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou este venres en Ferrol no IV Hub Galician Offshore International, un dos principais foros de coñecemento e divulgación da eólica mariña -participan 300 empresas- no que puxo en valor a recuperación do liderado do naval grazas a súa aposta pola innovación, a diversificación e a formación, tres eidos nos que a industria contou co apoio da Administración autonómica.
De feito, Conde indicou que o esforzo, o traballo e compromiso dos estaleiros, as empresas auxiliares e os traballadores para transformar ao sector e a súa aposta pola Industria 4.0 permitiu que Galicia sexa hoxe en día un referente internacional na eólica offshore e que a Marca Galicia forme parte de proxectos estratéxicos de transcendencia mundial. “Galicia sabe interpretar os retos de futuro que pasan pola innovación e a diversificación e está tomando o liderado”, engadiu.
O titular de Economía explicou na súa intervención que a industria naval é na actualidade en Galicia fonte de riqueza e de creación de emprego cunha carteira de pedidos en vigor que supón máis da metade dos contratos de España e que conta con case 40.000 persoas afiliadas á Seguridade Social.
Conde indicou que o sector naval é unha prioridade para a Xunta que está apoiando a innovación a través de dous programas que axudaron a mobilizar 17 millóns de euros: as dúas Unidades Mixtas de Investigación -a que se leva a cabo coa Universidade da Coruña (UDC) para implantar o estaleiro do futuro e a que se desenvolve con Aimen para realizar novos procesos de fabricación e produtos-; e o programa Fábrica Intelixente do que Navantia acaba de resultar beneficiaria. Este proxecto permitiralle avanzar no Estaleiro 4.0 e fabricar compoñentes navais complexos, como a liña de fabricación de jackets.
Pon en valor o esforzo, o traballo e o compromiso dos estaleiros, as empresas auxiliares e os traballadores, co apoio da Xunta, para transformar o sector e poñer en marcha o estaleiro do futuro
No eido da diversificación, o conselleiro lembrou que Wikinger, da man de Iberdrola, supuxo “un antes e un despois” porque foi o proxecto que abriu a porta a Navantia cara o sector offshore e grazas ao que se acadaron outros pedidos coa noruega Statoil, Siemens, o contrato de Iberdrola para o East Anglia One, a plataforma para EDP que se atopa na súa fase final ou o proxecto Cobra, que arrancará proximamente (Kinkardine, en Escocia).
Formación de calidade
Conde, en terceiro lugar, referiuse á importancia da formación de calidade lembrando que Galicia conta hoxe con máis traballadores e traballadoras preparados para afrontar novos retos “nun sector en pleno crecemento”. Neste ámbito, puxo en valor que a Xunta está a investir 1,7 millóns de euros en 111 Unidades Formativas na Empresa no sector naval para mellorar a cualificación de 718 alumnos e alumnas. Tamén recordou que desde 2017 o Plan de formación específico para o naval logrou a formación de 3445 persoas a través de 343 cursos e un investimento de máis de 15 millóns de euros.
Para rematar, o conselleiro destacou a importancia de seguir na “senda da colaboración” con todas as administracións para permitir á industria naval da ría de Ferrol acompañar a expansión internacional de empresas como Iberdrola, ao igual que Navantia-Windar demostrou formar unha alianza estratéxica que ofrece, en palabras de Conde, garantías, calidade, seriedade e cumprimento. Sinalou a necesidade de seguir neste camiño porque a eólica offshore, pola que apostou a Xunta desde o principio, abriu unha nova porta ao estaleiro e á industria auxiliar da comarca, creou novas oportunidades laborais e consolidou Galicia como un hub de eólica offshore en Europa. Así mesmo, subliñou que para a Xunta é unha prioridade apoiar todos os proxectos que supoñan unha carga de traballo para Navantia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126