Lunes, 09 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 21 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva celebra o fallo do Supremo sobre #A Manada: “esta sentenza é un antes e un despois na loita das mulleres polos nosos dereitos”

A presidenta da Deputación asegurou que “hoxe é un bo día porque as mulleres podemos crer na xustiza e que o estado de dereito nos protexe”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, celebrou este mediodía a decisión do Tribunal Supremo que eleva de 9 a 15 anos de prisión a condena a cada un dos integrantes de “La Manada” ao considerar que o ataque á rapaza nos Sanfermines de 2016 foi unha agresión sexual por un delito continuado de violación e non abuso sexual. Silva sinalou que “a sentenza que coñecemos hoxe supón un antes e un despois nos dereitos das mulleres e significa que hoxe as mulleres podemos crer na xustiza, que o estado de dereito nos protexe, que recoñece e fai valer os nosos dereitos”

 

A presidenta provincial lembrouse tamén da rapaza vítima das agresións. “Quero tamén hoxe poñerme do lado dela, que tanto tivo que padecer para que se fixera xustiza. “Quero poñerme ao lado de todas as mulleres, apuntou Silva, para dicir que cando estamos unidas, cando temos unha mensaxe de irmás, xuntas, defendéndonos e crendo en nós, sabendo que esta loita merece a pena porque é a máis liberadora da humanidade, entón obtemos a xustiza, a xustiza que nos corresponde”.

 

Carmela Silva rematou dicindo que “hoxe é un bo día, para todas e para todos, un bo día para a sociedade, porque se fixo xustiza, a xustiza que merecemos as mulleres”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.