SALCEDA DE CASELAS
A Xunta aproba o proxecto para a construción dunha senda peonil e ciclista en Parderrubias
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará a contratación das obras a finais de verán e o levantamento de actas previas será no terceiro trimestre de 2019
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de resolver a aprobación o expediente de información pública e definitiva do proxecto de construción dunha senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, á altura de Parderrubias, no Concello de Salceda de Caselas.
Esta actuación conta cun orzamento autonómico duns 900.000 euros, no que se inclúe o pagamento aos titulares das 94 fincas necesarias para executar esta actuación.
No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: http://xurl.es/asnu6
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten previsto a licitación do contrato das obras a finais de verán e o levantamento de actas previas está previsto no terceiro trimestre de 2019.
Trátase da execución dunha senda compartida peón– bici de algo máis de 2 quilómetros de lonxitude na estrada de titularidade autonómica PO-411, cun trazado que coincide en planta e alzado coa vía actual e cun ancho que oscilará entre os 1,80 metros e os 2,30.
Esta actuación no núcleo de Parderrubias se desenvolve en tres treitos, un na marxe dereita do vial de acceso ao IES Pedras Rubias, outro na marxe esquerda da estrada PO-411, entre os puntos quilométricos 4+260 e 5+985, e o terceiro tamén pola marxe dereita da vía autonómica, entre os puntos quilométricos 5+970 e 6+250.
Ademais proxéctase un paso de peóns elevado no puntos quilométrico 3+715, a ampliación do paso sobre o regato de Landres, a mellora das interseccións e accesos ás vivendas. Nas obras se prevé o traslado da marquesiña existente no punto quilométrico 5+910, así como a reposición dunha serie de treitos da rede de saneamento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108