GALICIA
Conde destaca que a recuperación do naval repercute cun 20% máis de afiliacións á Seguridade Social
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Madrid no acto de clausura da xunta xeral de accionistas de Pymar, onde puxo en valor o traballo conxunto do sector e da Administración para acadar este crecemento
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe no acto de clausura da xunta xeral de accionistas de Pymar, celebrada en Madrid, que a recuperación do naval está a chegar ás persoas, un sector no que as afiliacións á Seguridade Social creceron en Galicia desde 2014 nun 20%, acadando a peche de 2018 preto das 40.000.
O titular de Economía puxo en valor a implicación e compromiso do Goberno galego cunha industria estratéxica para Galicia, así como o traballo conxunto levado a cabo polo sector e a Administración para recuperar o seu liderado. Así, lembrou que Galicia está recollendo os froitos do traballo feito durante a última década e, por iso, é hoxe un referente nesta industria cun volume de negocio de 2000 millóns de euros o ano pasado e representa, segundo datos de Aclunaga, o 4,3% do PIB, exportando o 90% da súa produción.
Conde, ademais, destacou que estas boas expectativas mantéñense para 2019, xa que a Comunidade galega é a segunda carteira de pedidos máis importante do continente. De feito, conta con máis da metade dos pedidos en España, sendo, polo tanto, a Comunidade con maior carga de traballo (38%).
Galicia conta con máis da metade dos contratos en España, sendo a segunda carteira de pedidos máis importante de Europa
O conselleiro apuntou á innovación e á diversificación como claves para este crecemento, sinalando o esforzo e o compromiso de toda a industria por modernizarse e adaptarse ás novas demandas do mercado. Puxo como exemplos a eólica mariña (Navantia) ou o segmento dos cruceiros de alta gama (Barreiras).
O titular de Economía sinalou que a innovación, a dixitalización e a formación adaptada ás necesidades do sector son as claves para fortalecer a súa competitividade. De feito, indicou que estes tres eixos unido á internacionalización son as bases da estratexia que está desenvolvendo a Xunta para o naval e que coinciden coas directrices da Axenda Sectorial da Industria Naval do Estado.
Neste intre, subliñou que a Xunta está a mobilizar 50M€ no sector naval a través dos seus apoios en materia de formación e innovación. No ámbito da formación, explicou que a Administración autonómica está desenvolvendo desde 2017 un plan específico para impulsar o talento e facilitar unha formación adaptada ás necesidades reais das empresas. Desde entón, a Xunta leva apoiando 343 cursos dos que se beneficiaron 3400 persoas.
En innovación, destacan dous programas autonómicos para apoiar o uso das novas tecnoloxías, como son as Unidades Mixtas de Investigación e a Fábrica Intelixente, na que precisamente a Xunta está a apoiar a Navantia para o desenvolvemento do Estaleiro 4.0.
Conde, para rematar, indicou a importancia económica e social que o naval ten en Galicia, sinalando que é un dos seus motores de creación de emprego e riqueza, polo que afirmou que o apoio da Xunta e a implicación do Goberno galego con esta industria estratéxica seguirá sendo firme e determinante.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.111