Domingo, 26 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 27 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
OIA

O Concello de Oia organiza un obradoiro xuvenil gratuíto arredor da fotografía antiga

O prazo de inscrición está aberto e as prazas son limitadas

O Concello de Oia organiza o proxecto xuvenil #oiaensepia, unha iniciativa de verán que, baixo a temática da fotografía antiga; incluirá actividades como un obradoiro creativo, unha recompilación de fotografías antigas e unha excursión para retratar o patrimonio de Oia e documentar os cambios que se van producindo co paso do tempo.

 

[Img #54417]O proxecto #oiaensepia desenvolverase de xeito gratuíto e ten como obxectivo fundamental organizar un conxunto de actividades participativas logren captar o interese da mocidade polo seu patrimonio natural e cultural, así como pola memoria histórica local.

 

Deste xeito, preténdese espertar a curiosidade sobre o pasado, promovendo unha reflexión sobre o valor do patrimonio e a necesidade de preservalo para o futuro. Do mesmo xeito, o proxecto quere impulsar a creatividade dos participantes, orientalos no uso responsable das novas tecnoloxías e desenvolver o seu espírito crítico.

 

A actividade vai dirixida á mocidade de entre 14 e 20 anos aínda que, de non cubrirse as prazas, poderán participar persoas mozas doutras idades. As sesións desenvolveranse todos os luns e mércores entre o 8 e o 31 de xullo.

 

O prazo de inscrición está xa aberto no Concello (teléfono 986.36.21.25) ata o día 5 de xullo. As prazas son limitadas.

 

Esta iniciativa conta coa financiación da Consellería de Política Social, dentro das subvencións para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade para 2019.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.