Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Mos asina un convenio coa Deputacion no que acadará un aforro enerxetico dun 61%

O pasado luns, levouse a cabo a sinatura do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Mos para levar a cabo  as actuacións recollidas no proxecto do IDAE denominado “Iluminación Exterior sostible III” (FEDER –EELL-2019-000-498), que conta co financiamento do 80 %  do FEDER. O noso Concello estivo representado polo Alcalde accidenteal Camilo Augusto Martinez e o Concelleiro Gonzalo Alonso Táboas, responsable das áreas de alumeado e eficiencia enerxética  e recollida de residuos.

 

 Neste proxecto, cun orzamento total de 44.378,72 €, están incluídas as actuacións de substitución de 101 puntos de luz existentes e das actuáis luminarias por lumninarias LED máis eficientes nas seguintes zonas : Avd de Sanguiñeda, Avda. de Puxeiros (zona norte bilaterais), Avda. de Puxeiros (zona norte Tresbolillo), Rúa Ludeiro, Rúa Brea ( aparcamento zona sur) e rúa Brea.

 

Actuacións

  • Substitución das lámparas actuáis por outras máis eficientes de tecnoloxía LED
  • Substitución de luminarias por outras con maior rendemento e lámparas de menor potencia de tecnoloxía LED
  • Substitución de balastros electromagnéticos por electrónicos
  • Instalación de reloxos astronómicos como sistema de control da iluminación en horarios nocturnos,cando sexa necesario.
  • Instalación de sistemas de regulación de fluxo luminoso mediante pre-programación da luminaria
  • Redu  ción do consumo da enerxia eléctrica da instalación reformada, en polo menos, un 30 %.

 

O obxectivo, é conseguir un aforro enerxético estimado dun 61 %. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.