SALCEDA DE CASELAS
MS e PSdeG-PSOE asinan o acordo para o Goberno do Concello de Salceda
Establécese o compromiso de iniciar de inmediato os trámites para someterse á Mediación laboral
Tal como xa se adiantou tras o pleno de investidura a Alcadía será rotatoria iniciando o mandato Loli Castiñeira por Movemento Salceda, e continuando Verónica Tourón polo PSdeG dentro de 2 anos.
As dúas formacións estableceron tamén a distribución de áreas e responsabilidades que quedará do seguinte xeito:
GRUPO
AREAS
RESPONSABLE
MS
Persoal, Igualdade e Coordinación de proxectos
Loli Castiñeira
MS
Cultura, festexos, normalización lingüística, asociacionismo, novas tecnoloxías, mocidade e patrimonio
Alex Rodriguez
MS
Vías e Obras, Parques e Xardíns e Servizos Municipais e Mobilidade
Miguel González
MS
Facenda, Réxime Interior, Seguridade e Tráfico e Turismo
Lucía Pereira
PSOE
Urbanismo, comercio e industria, participación cidadá, emprego e formación
Verónica Tourón
PSOE
Ensino, Infancia, benestar social, sanidade e voluntariado
Ángela Ledo
PSOE
Deportes, medio ambiente e medio rural
Rubén González
Ademáis o acordo recolle as liñas estratéxicas fundamentais para o Goberno de coalición:
Por un lado establécese o compromiso de iniciar de inmediato os trámites para someterse á Mediación laboral, tal como xa se comprometera o equipo de goberno de Movemento Salceda ao igual que o PSdeG ante os representantes sindicais antes das eleccións. MS e PSdeG acordaron tamén sacar adiante en paralelo a RPT e o Convenio Colectivo.
Por outra banda o equipo de Goberno iniciará os traballos para aprobar os orzamentos de 2019 canto antes. Asi mesmo o pacto de goberno recolle a elaboración de Orzamentos participativos a partires do ano 2020.
MS e PSOE asinaron este acordo, no que se reflexan moitos puntos entre os que se atopan as medidas anteriores e outras que se irán pondo en marcha ao longo da lexislatura, co obxetivo fundamental "de crear un goberno forte, compacto, leal e que traballe en equipo, nunha situación de maioría que lles permita seguir co proceso de cambio e transformación de salceda iniciado no ano 2007".

Tal como xa se adiantou tras o pleno de investidura a Alcadía será rotatoria iniciando o mandato Loli Castiñeira por Movemento Salceda, e continuando Verónica Tourón polo PSdeG dentro de 2 anos.
As dúas formacións estableceron tamén a distribución de áreas e responsabilidades que quedará do seguinte xeito:
|
GRUPO |
AREAS |
RESPONSABLE |
|
MS |
Persoal, Igualdade e Coordinación de proxectos |
Loli Castiñeira
|
|
MS |
Cultura, festexos, normalización lingüística, asociacionismo, novas tecnoloxías, mocidade e patrimonio |
Alex Rodriguez
|
|
MS |
Vías e Obras, Parques e Xardíns e Servizos Municipais e Mobilidade |
Miguel González
|
|
MS |
Facenda, Réxime Interior, Seguridade e Tráfico e Turismo |
Lucía Pereira
|
|
PSOE |
Urbanismo, comercio e industria, participación cidadá, emprego e formación |
Verónica Tourón
|
|
PSOE |
Ensino, Infancia, benestar social, sanidade e voluntariado |
Ángela Ledo
|
|
PSOE |
Deportes, medio ambiente e medio rural |
Rubén González |
Ademáis o acordo recolle as liñas estratéxicas fundamentais para o Goberno de coalición:
Por un lado establécese o compromiso de iniciar de inmediato os trámites para someterse á Mediación laboral, tal como xa se comprometera o equipo de goberno de Movemento Salceda ao igual que o PSdeG ante os representantes sindicais antes das eleccións. MS e PSdeG acordaron tamén sacar adiante en paralelo a RPT e o Convenio Colectivo.
Por outra banda o equipo de Goberno iniciará os traballos para aprobar os orzamentos de 2019 canto antes. Asi mesmo o pacto de goberno recolle a elaboración de Orzamentos participativos a partires do ano 2020.
MS e PSOE asinaron este acordo, no que se reflexan moitos puntos entre os que se atopan as medidas anteriores e outras que se irán pondo en marcha ao longo da lexislatura, co obxetivo fundamental "de crear un goberno forte, compacto, leal e que traballe en equipo, nunha situación de maioría que lles permita seguir co proceso de cambio e transformación de salceda iniciado no ano 2007".



























Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108