Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP denuncia que o bipartito custará aos salcedenses un 40% máis que o do popular Davila

O PP de Salceda de Caselas critica nun comunicado que o novo “ bigobierno” de Dolores Castiñeira e Verónica Tourón "vaia a custar a todos os veciños un 40% máis do que supoñería un executivo popular con Santiago Rodríguez Davila na Alcaldía".

 

"No pleno que terá lugar o vindeiro xoves ás 21.30 horas aprobaranse seis dedicacións, tres exclusivas e tres parciais con soldos elevados, e un cargo de confianza" explican dende o PP.

 

En total, "este bicefalia supoñerá un cargo para as arcas públicas de 240.000 euros ao ano, un millón durante a lexislatura de catro anos". “Un auténtico malgasto que xa tiñan pactado antes do pleno de investidura e que demostra que o único obxectivo de Castiñeira e Tourón é utilizar o Concello como fonte económica durante catro anos, e isto só é o principio de todo o que Movemento Salceda ( MS) e PSdeG acordaron antes de entrar ao auditorio e deixar constancia do engano aos seus propios votantes”, argumenta Davila.

 

Catro millóns
O PP comprometeuse durante a campaña electoral a reducir nun 20% o custo do goberno encabezado por Marcos Besada, "con todo as alcaldesas decidiron ignorar por completo as necesidades do pobo e optaron por aumentar o gasto público ampliando as dedicacións e incluíndo un cargo de confianza, aínda por riba” sinala.

 

"Nos últimos 16 anos de xestión do BNG, PSdeG e MS os salcedenses pagaron case catro millóns de euros en soldos e persoal de confianza, unha cantidade inasumible para un concello de menos de 10.000 habitantes" explica.

 

“Outros municipios co dobre de poboación non teñen nin a metade de dedicacións que en Salceda”, apostila Rodríguez Davila, quen augura que no pleno do xoves “verase a auténtica cara deste matrimonio de conveniencia”. Por este motivo, anima a todos os veciños de Salceda a “ser testemuñas” de “un espectáculo” que “tristemente será un retroceso para o Concello e para o benestar dos salcedenses”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.