Domingo, 08 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación tingue de verde desde o Pazo Provincial con motivo do Día Internacional da Xordocegueira

A institución provincial súmase aos actos do Día Internacional das Persoas Xordocegas, que conmemorase mañá xoves en honor ao nacemento da intelectual e activista Helen Keller

A Deputación de Pontevedra conmemorará o Día Internacional da Xordocegueira iluminando de verde o Pazo Provincial desde as 22.30h deste mércores 26 de xuño ata a mañá do venres 28. Así, a institución provincial súmase á iniciativa promovida por XOGA (Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia) e cuxo obxectivo é visibilizar ás persoas xordocegas, que en España son arredor de 6.000.

 

O Día Internacional da Xordocegueira conmemora o nacemento de Helen Keller, destacada intelectual e activista dos dereitos das persoas con diversidade sensorial. Keller deu a coñecer internacionalmente a xordocegueira e demostrou a importancia de dispor de profesionais que proporcionen o soporte comunicativo e asistencial indicado para as persoas xordocegas.

 

A “declaración das necesidades básicas das persoas xordocegas” (Estocolmo, 1989) estableceu, durante a Cuarta Conferencia Mundial Hellen Keller, que a xordocegueira non é unha cegueira con sordeira adicional nin tampouco xordeira con cegueira adicional senón que é unha diversidade sensorial diferente que exixe servizos especializados. Esta declaración tamén marca o propósito de divulgar e concienciar a todos os medios de comunicación do mundo sobre a existencia da xordocegueira e os problemas que expón.

 

Durante estes días tamén está a celebrarse a Semana Internacional da Xordocegueira. A través dela a Deputación de Pontevedra colabora con XOGA para a organización de "A Santiago pola Xordocegueira", actividade que ofrece a posibilidade de realizar os últimos 100km do Camiño Portugués pola costa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.