Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 23:16:17 horas

Xornal21.es
Martes, 02 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O alumnado do obradoiro de creación escénica presenta a obra “O paraugas transparente”

A concellería de Cultura e Lingua convida a toda a cidadanía a desfrutar da obra de teatro “O paraugas transparente”, idea orixinal do alumnado do obradoiro de creación escénica que impartíu Roi Vidal Ponte.


[Img #54463]O mércores 3 de xullo o auditorio municipal Reveriano Soutullo acollerá ás 21 horas a estrea desta obra interpretada por Pilar Alonso, Manrique Fernández, Almudena Groba, Mª dos Anxos Otero, Belén Pazo, Samuel Represas e Teresa Ríos, que ademais de actores e actrices foron guionistas e creadores dirixidos por Roi Vidal.


O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, salienta a importancia de que o alumnado do obradoiro poña en escena as habilidades e coñecementos adquiridos e a necesidade de brindar un escenario no que promocionar os froitos do seu traballo.


Fernando Groba tamén quere facer fincapé na oportunidade que se brindou ao alumnado de contar cun profesor da altura de Roi Vidal, fillo de Roberto Vidal Bolaño e Laura Ponte Santasmarinas, licenciado en Filoloxía Galega e licenciado pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.  En 2012 obtivo o Premio Concello de Carral co poemario Teatro. A súa peza "Canción triste de Wall Street" forma parte do libro Banqueiros (Laiovento, Premio da Crítica 2013). En 2014 publicou unha biografía de Roberto Vidal Bolaño titulada Fóra de Portas (Edicións Positivas).


Como director de teatro estrea as pezas Matilde, de David Pobra e Mario Benedetti (para Bicodobrelo, 2008), Faraoas (Tirita Producións, 2011)[1], Operación Triunfo (creación colectiva de Gargallada Teatro a partir de Ubu Roi de Alfred Jarry, 2015) e Illa/Ollo, a partir dun texto de Manuel Lourenzo (coa compañía Nasdrovia, 2015).


Crítico e estudoso do feito teatral en medios como Vieiros, Faro de Vigo, Protexta ou Praza Pública, actualmente colabora no magazine de crítica teatral da Revista Galega de Teatro.


Forma parte da empresa editorial Estaleiro Editora e do grupo musical Ataque Escampe.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.