Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 27 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Begoña Toucedo visitou hoxe o VI Campus do Celta

O Campos do Celta lévase a cabo no Campo de Fútbol das Baloutas do 24 ao 28 de xuñ, cun total de 60 plazas

O Campus desenvolvese en horario de 10.00 horas a 14.00 horas da mañá, cun descanso para comer algo e beber auga para hidratarse.

Begoña Toucedo visitaba hoxe o inicio deste Campus onde explicaba que “ tratamos de  fomentar a práctica do deporte nas idades máis temperás, así coma educar ós cativos participantes en valores e promover hábitos alimenticios saudables e equilibrados”.

 

Ó inicio do campus os rapaces participantes (con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos) recibiron a equipación composta por calcetíns, pantalón e camiseta; así coma, ao remate do mesmo, un diploma acreditativo. Premiarase aos participantes máis destacados cun adestramento na Madroa xuntos cos nenos das Categorías Inferiores do Celta.

 

A metodoloxía que utilizan os monitores da Fundación Celta de Vigo neste Campus baséase no traballo de catro áreas fundamentais: coordinación, técnico-táctica, multideporte, e competición. O sistema para impartir a formación ós xogadores é rotativo, de xeito que ó longo da mañá tódolos cativos participantes no campus vaian pasando polas catro diferentes áreas de traballo.

 

Esta metodoloxía é a mesma que se emprega nas categorías inferiores do Real Club Celta. Ademais a formación especializada deste campus está impartida por adestradores da canteira do Real Club Celta.

 

Os pequenos participantes nesta iniciativa recibirán tamén ó longo da semana do campus charlas sobre os valores no deporte e como inculcarllos ós xoves deportistas, e nutrición e hábitos de alimentación saudables. Trátase pois dunha actividade perfectamente equilibrada entre o lúdico e o formativo sen deixar de lado a educación en valores. E é que mediante a celebración deste campus preténdese empregar a práctica deportiva entre os máis xoves como ferramenta transmisora de valores como son a solidariedade, creatividade, traballo en equipo, sacrificio, superación, respecto, humildade e compañeirismo.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.