PROVINCIA
A Provincia de Pontevedra seguirá liderando este verán o turismo en Galicia cunha “prudente” estimación do 70%
Carmela Silva tamén ofreceu os datos de xuño: a falta de contabilizar os últimos días, a ocupación foi do 56% malia as previsións de choiva e cun 27% de público estranxeiro
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou hoxe das estimacións de ocupación na provincia de Pontevedra para os meses de xullo e agosto. “As previsións son dun 68% de ocupación nos establecementos hoteleiros, cun 62,7% estimado en xullo e un 71,6% en agosto”. Trátase de previsións “prudentes e á baixa, en base á información que nos facilitou o sector, xa que consideran que a partir da primeira semana de xullo moveranse un 40% das reservas” e, polo tanto, “os resultados poderán ser superiores en bastantes puntos respecto ás estimacións”. Deste xeito, Carmela Silva asegurou que “as Rías Baixas van ser seguramente a provincia que siga a recibir máis visitantes de toda Galicia”.
Por comarcas, Turismo Rías Baixas estima un 62,7% en xullo e un 77,5% en agosto no Salnés, fronte aos datos reais de ocupación do 68,5% en xullo e 88,7% en agosto en 2018. Na comarca de Pontevedra prevese un 65,8% en xullo e un 73,8% en agosto. O ano pasado acadou un 68,2% en xullo e un 82,9% en agosto. No Morrazo, a previsión é en xullo do 74,3% e en agosto do 84,2%. Os datos reais de 2018 foron do 77,6% en xullo e do 90,7% en agosto. En Caldas está prevista unha ocupación en xullo do 76,1% e en agosto do 75,8%, fronte aos datos reais do ano pasado: 83% en xullo e 89,3% en agosto. Na comarca de Vigo, Turismo Rías Baixas estima unha ocupación en xullo do 70,8% e do 80,3% en agosto. O pasado verán acadou un 72,7% en xullo e un 87,2% en agosto. No Baixo Miño as estimacións son do 53,7% en xullo e dun 70,2% para o mes de agosto, e os datos reais de 2018 foron do 62,7% en xullo e do 82,3% en agosto. No Condado e A Paradanta, prevese en xullo un 48,1% e en agosto un 50,8%, mentres que o ano pasado acadou un 56,3% en xullo e un 75% en agosto. Por último, en Deza e Tabeirós-Terra de Montes, está prevista unha ocupación do 49,7% en xullo e do 60,7% en agosto, cuns datos reais do 48,1% en xullo e do 74,8% en agosto de 2018.
Carmela Silva tamén sinalou que “a previsión que temos para turismo rural é dunha ocupación media na provincia de Pontevedra dun 60,9% en xullo e dun 76,6% en agosto”. Por comarcas, a Presidenta provincial sinalou que as previsións son as seguintes: 59,5% en xullo e 80,9% en agosto no Salnés (2018: 90% en xullo e 86,4% en agosto); 60,2% en xullo e un 72,3% en agosto en Pontevedra (2018: 55,4% en xullo e 74,1% en agosto); 70,5% en xullo e 79,5% en agosto no Morrazo (2018: 90,5% en xullo e 88,2% en agosto); 70% en xullo e un 87% en agosto en Caldas (2018: 59% en xullo e 83,8% en agosto); 64% en xullo e 81% en agosto en Vigo (2018: 45,3% en xullo e 65,3% en agosto); 72,5% en xullo e 77% en agosto no Baixo Miño (2018: 85% en xullo e 98% en agosto); 51,9% en xullo e 75% en agosto no Condado e A Paradanta (2018: 48,5% en xullo e 85,2% en agosto); e 38,8% en xullo e 59,1% en agosto en Deza e Tabeirós-Terra de Montes (2018: 40,1% en xullo e 63,8% en agosto).
Nos albergues, Carmela Silva informou de que “agardamos un 72,2% de ocupación media na provincia en xullo, e un 78,9% no mes de agosto”. Así, en Pontevedra, O Salnés e O Morrazo prevese un 75% en xullo e un 81,7% en agosto, na comarca de Vigo un 57,3% en xullo e un 71,4% en agosto, no Baixo Miño, O Condado e A Paradanta un 75% en xullo e un 76,3% en agosto, en Caldas un 88,8% en xullo e un 93,8% en agosto e en Deza e Terra de Montes un 65% en xullo e 71,7% en agosto. “As previsións son altísimas nos albergues porque o Camiño de Santiago cada vez atrae e máis persoas que empregan estes establecementos”, valorou a Presidenta provincial. Ademais, tamén bos datos de estimación nos cámpings da provincia, onde “agardamos un 54,9% de ocupación en xullo e un 76,2% en agosto”, sinalou Carmela Silva. Por comarcas, naquelas que os teñen, os datos serían os seguintes: 64,4% en xullo e 77,5% en agosto no Salnés; 65% en xullo e 100% en agosto no Morrazo; 60% en xullo e 83,3% en agosto en Vigo; 30% en xullo e 40% en agosto no Baixo Miño e 55% en xullo e 80% en agosto no Condado e a Paradanta.
A provincia rexistrou un 56% de ocupación en xuño fronte ás previsións de choivas
A Presidenta da Deputación de Pontevedra tamén confirmou “os datos de ocupación que tivemos neste mes de xuño”, malia que lembrou que “os datos finais serán mellores” á falta de contabilizar os últimos días do mes. Deste xeito, “a ocupación media na provincia foi dun 56%” e, por comarcas: un 42,7% no Salnés, un 69,6% en Pontevedra, un 49,7% no Morrazo, un 68,6% en Caldas, un 64,2% en Vigo, un 51,7% no Baixo Miño, un 41,8% no Condado e A Paradanta e un 59,7% en Deza e Tabeirós-Terra de Montes. “Tendo en conta que os medios deron que ía chover na provincia, o cal non aconteceu, fago un chamamento para que quen analizan a meteoroloxía teñan en conta o clima específico da provincia”, xa que “por dar eses datos de climatoloxía adversa para os intereses das nosas e novos visitantes, iso restounos reservas e algunhas persoas as deron de baixa”, sinalou a Presidenta.
En canto ao turismo rural, a media de ocupación na provincia foi dun 33,18%. Na comarca de Vigo foi un 41,6%, en Caldas un 40%, no Morrazo un 35,6%, no Baixo Miño un 31,5%, en Pontevedra un 29,6% e no Salnés un 29%. Os albergues tiveron unha ocupación media do 54,5%, “liderada por Caldas cun 68,8%, e seguido de Pontevedra, O Salnés e O Morrazo en torno ao 62,5%”, informou Carmela Silva. Nos cámpings, “a media de xuño foi do 21,9% e liderouno O Condado e A Paradanta cun 45%”.
En canto ao perfil das persoas turistas do mes de xuño que visitaron a rede de oficinas de información turística da Deputación de Pontevedra, “eran principalmente españolas, un 73%”, principalmente desde Madrid, Sevilla, Cádiz, Lugo, Burgos e tamén un bo número de persoas da provincia “que se trasladaron dos seus lugares de residencia a outros”, sinalou a Presidenta provincial. Ademais, “o turismo estranxeiro segue aumentando, cun 27% que chegou sobre todo de Francia, do Reino Unido, da Alemaña, de Italia e da Arxentina. O tipo de aloxamento máis elixido foi o hotel (55%), a estancia media foi de 4 a 6 días (32%) e os motivos principais foron a cultura e o ocio (38%) seguido do Camiño de Santiago (14%).
Silva lembrou que “imos facer un estudo big data entre o público que asista aos Festivais Rías Baixas. Extraeremos información relevante sobre os seus gustos e información sociolóxica que achegaremos no mes de setembro”. Con estes datos de comportamento, “a Deputación poderá seguir centrando as actuacións en paquetes que respondan as súas demandas”.
A provincia de Pontevedra será a novena do Estado en creación de emprego
A Presidenta sinalou que estes datos están relacionados directamente coa previsión de contratos do verán de 2019. Segundo a empresa de recursos humanos Adecco, a provincia de Pontevedra “liderará en Galicia a sinatura de contratos cunha cifra estimada en 36.500 contratos entre xuño e setembro, a máis alta das catro provincias galegas e un 15% superior á do verán en 2018”. Deste xeito, case o 50% de contratos que se crearían en Galicia (74.000, un 14% máis que o ano pasado) serán na provincia de Pontevedra, facendo desta a novena de todo o Estado na que máis emprego se xeraría durante estes meses.
Malia felicitarse por estes datos, Carmela Silva lembrou que se trata de “emprego conxuntural e moi ligado ao sector servizos, pero avogo por un emprego de calidade, con dereitos e indefinido”. Deste xeito, asegurou, “agardo que o esforzo que estamos a facer na promoción económica e no turismo desde o sector público e o privado sirva para que se converta nun emprego con máis longo prazo, con máis dereitos e con máis calidade”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186