Domingo, 08 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 29 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra énchese de cores e creatividade co concurso “Debuxa a túa provincia”

Carmela Silva amosou a súa fascinación polo alto nivel dos debuxos presentados no concurso e fixo entrega dos premios ás crianzas gañadoras desta primeira edición

A Deputación de Pontevedra foi “invadida” este pasado xoves polo talento pictórico dos centenares de debuxos presentados na primeira edición do Concurso de Debuxo Infantil “Debuxa a túa provincia”. O pazo provincial foi escenario da exposición dunha ampla representación das pinturas presentadas ao concurso no día no que a presidenta provincial, Carmela Silva, fixo entrega dos premios ás tres nenas e ao neno que elaboraron, segundo o xurado, os mellores debuxos. Silva salientou que “desde a educación temos que fomentar a creatividade para que esas habilidades que teñen non se perdan polo camiño. As nosas nenas e os nosos nenos teñen coñecementos que poden pasar desapercibidos e hai que potencialos”. Tamén mostrouse “orgullosísima do talento que hai na nosa provincia, é evidente que o futuro está garantido”.

 

Na categoría ata 6 anos a gañadora foi Martina Fernández Domínguez, de Pontevedra, que presentou o debuxo "Ponte de Rande". Silva explicou que “Martina, con só 5 anos, fixo un debuxo marabilloso, cheo de creatividade, expresividade e cun alto nivel de detalle co que se amosa moitos elementos representativos das Rías Baixas”.

 

Pola súa banda, na categoría de 6 a 11 anos elixíronse dous premios debido a gran cantidade de debuxos recibidos.  Así, recibiron o seu merecido recoñecemento Alba Fernández Fernández, de 10 años de idade, de Pontevedra, e Nicolás Bouzón Castiñeira, de Soutomaior. Alba presentou un debuxo titulado "Un lugar que sácalle un sorriso á xente”, do que Carmela Silva sinalou que “é precioso pero ademais o título escollido é digno dunha campaña de turismo". Neste caso o xurado elixiu este debuxo pola súa mensaxe coherente coas bases do concurso, polo nivel de detalle e a limpeza dos trazos.

 

Nicolás Bouzón, de 6 anos, presentouse ao concurso co debuxo “Mariscando na ría de Arcade”, do que a presidenta da Deputación de Pontevedra destacou a “súa creatividade e a utilización de varias técnicas diferentes que serviron para representar a importancia dunha das actividades historicamente claves na nosa provincia”. O neno recibiu o premio acompañado do seu irmán xemelgo Samuel, e ambos recibiron o diploma.

 

Por último, na categoría de entre 11 e 14 anos, a gañadora foi Andrea López Ranz, de 12 anos, de Vigo. Carmela Silva animouna a seguir coa ilustración porque “este debuxo deixa claro que hai unha gran pintora detrás”. Amais resaltou “a beleza dos trazos, a proporcionalidade da pintura e polo seu realismo”.

 

Deste xeito péchase a primeira edición do Concurso de Debuxo Infantil “Debuxa a túa provincia”, promocionado pola Deputación de Pontevedra. Con este concurso pretendía que as nosas nenas e nenos plasmen a súa visión dos recursos turísticos da provincia e elementos do noso patrimonio cultural e natural.  Carmela Silva apuntou que “recibimos moitos debuxos de moita calidade e nos que se amosaba que os nenos e nenas de provincia entenderon perfectamente o que buscábamos con este concurso”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.