GALICIA
A Xunta reforza a atención ás vítimas de violencia de xénero para facilitar o seu acceso ao alugueiro social
Feijóo subliña que se aprobarán axudas a entidades sen ánimo de lucro para levar a cabo programas de inserción sociolaboral
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou das medidas para loitar contra a lacra da violencia de xénero e para apoiar ás vítimas aprobadas esta mañá no Consello da Xunta. Así, avanzou a aprobación de axudas a entidades sen ánimo de lucro para levar a cabo programas de inserción sociolaboral e o bono alugueiro social para as vítimas de violencia de xénero.
En relación coas accións para favorecer a inserción sociolaboral, Feijóo explicou que irán destinadas a entidades sen ánimo de lucro e serán subvencionables, por exemplo, o diagnóstico de competencia de cada muller para a busca de emprego, a orientación profesional e asesoramento laboral ou actuacións dirixidas á formación para o emprego para mellorar competencias. Tamén actuacións de apoio á conciliación e ademais, como novidade, incluiranse bolsas para facilitar ás participantes unha axuda para compensar os gastos de transporte ou desprazamento. En definitiva, engadiu, axudas por valor de 725.000 euros que serán claves para a recuperación integral destas mulleres.
Outra das accións será a flexibilización dos requisitos para acceder ao bono de alugueiro social e a incorporación como beneficiarios, ademais das vítimas de violencia de xénero, dos fillos e fillas dependentes economicamente e das mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual.
Destaca como novidade que se incluirán bolsas para facilitar ás participantes unha axuda para compensar os gastos de transporte ou desprazamento
Deste xeito, a convocatoria desta axuda en 2019, que acaba de ser autorizada, atenderá con carácter urxente a mulleres vítimas de violencia de xénero, mulleres que sufriran violencia contra terceiros –normalmente os fillos e fillas— como forma de danalas, e fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero que sexan dependentes economicamente. As axudas poderán ser solicitadas ata o 13 de decembro.
Logo de salientar que a axuda que percibirán será de 225, 200 ou 175 euros ao mes segundo o concello no que se alugue. O presidente da Xunta sinalou que o bono se concederá por un período de 12 meses prorrogables 2 veces pola mesma duración, polo que pode chegar aos 3 anos.
Finalmente, o titular da Xunta rematou a súa intervención incidindo en que con estas dúas medidas o Goberno galego segue a referendar o compromiso e apoio ás vítimas de violencia de xénero e coa aplicación do Pacto de Estado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102