Martes, 24 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 23 de Marzo de 2026 a las 22:25:36 horas

Xornal21.es
Sábado, 29 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño crea unha concellería de “Atención ás parroquias” e outra de “Eurocidade e participación infantil”

A única dedicación exclusiva será a da alcaldesa Sandra González, tendo cinco concelleiros/as dedicacións parciais

O Concello de Tomiño celebrou esta semana pola tarde o Pleno de Organización, dando a coñecer as áreas que terán ao seu cargo as concelleiras e concelleiros do novo equipo de goberno local.

 

Entre as concellerías hai dúas novas que son as de Atencións ás Parroquias, a cargo de Manuel Álvarez “Peque”, e a de Eurocidade, Mocidade e Participación Infantil, que levará Fátima Rodríguez. O primeiro terá ao seu cargo a coordinación dos concelleiros-responsables das parroquias, control e seguimento das pequenas demandas das parroquias, a interlocución cos colectivos sociais das parroquias, a mellora xeral das mesmas e o seguimento das peticións do Concello Escoita, rolda de xuntanzas informativas realizada en cada parroquia.

 

Pola súa banda, a Concellería de Eurocidade, Mocidade e Participación Infantil terá ao seu cargo as relacións coa Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira e xestión da Eurocidade e proxectos POCTEP; a xestión da Oficina de Información Xuvenil (OMIX) e actividades dirixidas á mocidade; o impulso da participación infantil na vida municipal e xestión turística.

 

Asemade, resulta novidosa a Concellería de Servizos Públicos (Lois Vázquez Calvo), que vén agrupar áreas preexistentes pero exercidas por distintas persoas en anteriores exercizos, coma son as de obras de saneamento clásico, impulso ás novas medidas de tratamento de augas residuais, baleirado de fosas sépticas, colaboración co servizo de recollida de lixo, xestión do alumeado público, eficiencia enerxética e relación coas comunidades de montes, entre outras.

 

As demais áreas delegadas son as de Facenda, Planificación Estratéxica e Acción Urbana (Uxío Benítez Fernández); Obras, Acción Rural e Organización Interna (Alexandre Pérez Souto); Medio Ambiente (Ana Belén Casaleiro); Seguridade, Tráfico e Persoal (Ismael Troncoso Martínez); Benestar Social, Igualdade e Educación (Cristina Martínez Souto); Cultura, Patrimonio e Normalización Lingüística (Ana Isabel Fernández Carrera), e Promoción Económica, Comercio e Deportes (Francisco Campo Lago).

 

No que se refire ás dedicacións, só será exclusiva á da alcaldesa Sandra González Álvarez, creándose cinco máis dedicacións parciais; catro de 30 horas semanais e unha de 15.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.