Domingo, 08 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 30 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis de 5.700 persoas contemplaron no museo a exposición "Carlos Maside en Combarro, 1952"

Pola mostra "Celebrando a Seoane", organizada en homenaxe ao autor protagonista do Día das Artes Galegas 2019, pasaron preto de 5.400 visitantes

Un total de 5.777 persoas visitaron a exposición "Carlos Maside en Combarro, 1952. Bosquexos, debuxos e acuarelas" desde a súa inauguración o pasado día 3 de maio ata a súa clausura o 16 de xuño. A mostra, comisariada por Rafael Vallejo e María Esther Rodríguez Losada, reuniu no Sexto Edificio máis de cen obras inéditas creadas polo pintor durante a súa estancia na vila mariñeira entre os meses de agosto e outubro de 1952, onde chegou a través de Valentín Paz Andrade.

 

Nese tempo, Maside centrou a súa actividade artística nas persoas do común, amosando o seu día a día nas tarefas relacionadas co mar. Os retratos de nenos, nenas, homes e mulleres tiveron especial relevancia na mostra concentrándose nunha mesma sala. Tamén recolleu espazos comúns e de reunións da vila naquel entón como son as fontes, as rúas, e os portais das casas. Os modos de vida femininos destacaron nesta produción do pintor, na que as mulleres aparecen de xeito individual ou en ambientes colectivos, realizando as labores de coidado das crianzas, mariscando ou transportando o peixe na cabeza cunha cesta. As paisaxes mariñeiras e da contorna, a arquitectura e o patrimonio da vila, as tabernas ou ambiente mariñeiro completan o traballo de Maside nese período.

 

A mostra propiciou ademais a catalogación de toda a obra realizada polo pintor durante a súa estadía en Combarro, compilada por primeira vez e ao completo. Son 313 creacións –103 pinturas e 210 debuxos–, as recollidas no libro que está a disposición do público para a súa consulta na sala de investigación do Museo de Pontevedra, situada no edificio Fernández López, ou a venda no Sexto Edificio.

 

"Celebrando a Seoane"

Pola súa banda, "Celebrando a Seoane", a exposición temporal organizada polo Museo de Pontevedra en homenaxe ao autor protagonista este ano do Día das Artes Galegas, suscitou o interese de 5.373 persoas durante a seis semanas de duración. Con esta iniciativa pretendíase facer fincapé nas diferentes facetas do artista, ademais de ofrecer unha visión completa e cronolóxica da súa evolución como pintor, debuxante, gravador, ceramista, deseñador e humanista.

 

Así, a mostra recolleu os óleos Os esmolantes, Campesiñas dialogando e Figuras saudando, o debuxo Areal e rochas, os gravados O caído, Homúnculo de lingua viperina II ou Personaxe decididamente místico, entre outras obras, todas pertencentes á colección do Museo e algunhas delas non exhibidas con anterioridade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.