SALVATERRA DE MIÑO
A Xunta remata a senda peonil que conecta os núcleos de Fiolledo e As Chans, en Salvaterra
Con esta intervención na estrada de titularidade autonómica PO-402 a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade favorece a mellora das condicións de seguridade vial neste tramo que comunica Oleiros e Vilasobroso
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar a senda peonil na estrada PO-402, que conecta os núcleos de Fiolledo e As Chans, no Concello de Salvaterra de Miño.
Esta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade supuxo un investimento autonómico superior aos 48.000 euros.
Tratase dunha intervención que ten por obxectivo a mellora das condicións de seguridade vial neste tramo da estrada autonómica que comunica Oleiros e Vilasobroso, na parroquia de Fiolledo.
Este novo itinerario pola marxe esquerda da estrada estende o percorrido da senda peonil executada no 2017, e inclúe a canalización para a recollida das augas de drenaxe, e a preinstalación para o alumeado público e as telecomunicacións
Os traballos permitiron a execución dun itinerario peonil pola marxe esquerda desta estrada de 240 metros de lonxitude e case 2 metros de ancho, entre os puntos quilométricos 1+330m conexión coa beirarrúa de Fiolledo e 1+570 (inicio da senda executada en 2017) ata o punto quilométrico 2+265, á altura das Chans.
Nestas obras incluíuse a canalización para a recollida das augas de drenaxe, e preinstalación para alumeado público e telecomunicacións, así como como a correspondente sinalización.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136