GALICIA
O Gaiás acolle un concerto infantil da Unión Musical de Meaño e doutras sete formacións de Pontevedra
Enmárcanse na programación do Serán’02: II Encontro Galego de Cultura Popular
Máis de medio milleiro de intérpretes de bandas de música de toda Galicia danse cita esta fin de semana no Gaiás para participar no Serán’02: II Encontro Galego de Cultura Popular. O evento, promovido pola Xunta para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, desprega un intenso programa de tres días, enteiramente de balde, con concertos de bandas de música das catro provincias galegas, así como diversas formacións infantís e xuvenís.
Entre as bandas que protagonizan este evento multitudinario atópanse a Banda da Unión Musical de Meaño –que protagonizou un concerto infantil este sábado– e doutras sete bandas da provincia de Pontevedra: a Banda de Lalín, a Banda Artística de Merza, a Unión Musical de Valladares, a Banda de Música de Salceda de Caselas, a Banda de Música de Salcedo, a Banda da Escola de Música da Agrupación do Rosal ou a Charanga de O Fiadeiro.
Este II Encontro Galego de Cultura Popular nace con vocación de dirixirse a todo tipo de público, sexa ou non parte do sector. Así, o encontro ofrece tanto contidos de tipo profesional como clases maxistrais con músicos recoñecido prestixio, conferencias ou mesas redondas, como un plan familiar de fin de semana. O público asistente pode gozar dos concertos e espectáculos programados, con algunhas das mellores bandas de Galicia, visitar o recinto feiral do encontro ou participar en obradoiros de fabricación de instrumentos con materiais de refugallo dirixidos á cativada. O encontro conta co apoio da Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) e Gadis.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102