VIGO
Educación recoñece o traballo de 7 estudantes de Vigo e Ponteareas
Cada galardoado recibirá 850 euros e poderá concorrer aos premios nacionais
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica no Diario Oficial de Galicia a concesión dos Premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/18, a través dos que se recoñecen os 20 mellores expedientes dos ciclos de grao superior. Sete deles son alumnas e alumnos de centros de ensino de Vigo e Ponteareas, en concreto os recollidos na seguinte táboa:
Persoa galardoada
Familia profesional
Centro educativo
Beloso Blanco, Raquel
Instalación e mantemento
IES Politécnico de Vigo (Vigo)
Iglesias Losada, María de los Ángeles
Imaxe e son
IES Audiovisual de Vigo (Vigo)
Ruiz Blanco, Manuel
Agraria
CIFP A Granxa (Ponteareas)
García Paz, Xosé Manuel
Industrias alimentarias
CIFP A Granxa (Ponteareas)
Martínez Torres, Jorge
Marítimo-pesqueira
INSTITUTO Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo)
Romay Franco, Raquel
Seguridade e medio ambiente
CIFP A Granxa (Ponteareas)
Álvarez Miguélez, Roberto Carlos
Madeira, moble e cortiza
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)
A dotación orzamentaria para estes premios é de 19.550 euros que se distribuirán entre os galardoados na mesma contía, de 850 € por alumno. Ademais da correspondente dotación económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.
O obxectivo destes galardóns é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de formación profesional de grao superior en Galicia e enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Consellería para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego.
Puideron optar a este recoñecemento as e os estudantes que cursasen estudos de FP de grao superior no curso 2017/18 nalgún centro educativo da comunidade autónoma (ben modalidade presencial ou modalidade a distancia) e os rematasen no ano 2018, sempre e cando obtivesen unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos; entre outros requisitos.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica no Diario Oficial de Galicia a concesión dos Premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/18, a través dos que se recoñecen os 20 mellores expedientes dos ciclos de grao superior. Sete deles son alumnas e alumnos de centros de ensino de Vigo e Ponteareas, en concreto os recollidos na seguinte táboa:
|
Persoa galardoada |
Familia profesional |
Centro educativo |
|
Beloso Blanco, Raquel |
Instalación e mantemento |
IES Politécnico de Vigo (Vigo) |
|
Iglesias Losada, María de los Ángeles |
Imaxe e son |
IES Audiovisual de Vigo (Vigo) |
|
Ruiz Blanco, Manuel |
Agraria |
CIFP A Granxa (Ponteareas) |
|
García Paz, Xosé Manuel |
Industrias alimentarias |
CIFP A Granxa (Ponteareas) |
|
Martínez Torres, Jorge |
Marítimo-pesqueira |
INSTITUTO Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo) |
|
Romay Franco, Raquel |
Seguridade e medio ambiente |
CIFP A Granxa (Ponteareas) |
|
Álvarez Miguélez, Roberto Carlos |
Madeira, moble e cortiza |
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) |
A dotación orzamentaria para estes premios é de 19.550 euros que se distribuirán entre os galardoados na mesma contía, de 850 € por alumno. Ademais da correspondente dotación económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.
O obxectivo destes galardóns é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de formación profesional de grao superior en Galicia e enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Consellería para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego.
Puideron optar a este recoñecemento as e os estudantes que cursasen estudos de FP de grao superior no curso 2017/18 nalgún centro educativo da comunidade autónoma (ben modalidade presencial ou modalidade a distancia) e os rematasen no ano 2018, sempre e cando obtivesen unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos; entre outros requisitos.





































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151