MOS
Xuventudes socialistas de Mos elixe a Christian González como novo secretario xeral xuvenil
XSG Mos convocou a súa asemblea ordinaria onde se elixiu a nova executiva local
O ex secretario xeral Alejandro Figueroa tomou a decisión de convocar aos seus compañeiros e compañeiras a unha asemblea para elixir unha nova executiva local da organización. Figueroa di "estar orgulloso do traballo realizado pola organización ao longo destes últimos anos, manifesta que as XSG de Mos están mais fortes ca nunca, hai equipo, hai gañas e a organización non para de medrar". Manifesta que tras ser elixido concelleiro do concello de Mos "non vai poder adicarlle o tempo necesario á organización".
Na asemblea a organización elixiu por unanimidade a Christian González, veciño de Cela, como novo secretario xeral, o cal o acompañaran Pablo García coma secretario de organización, Marta Alonso coma secretaria de política municipal e Ahisa González coma secretaria de acción en redes.
O novo secretario xeral di estar "ilusionado con esta nova etapa e que vai continuar co traballo realizado ata o de agora". González manifesta que" xuventudes socialistas vai seguir vendo pola mellora diaria da mocidade do concello de Mos e que xuventudes vai traballar durante todo o ano e non só en períodos electorais ou para as fotos coma outras organizacións xuvenís. Continuaremos con todas as actividades que se están realizando ao longo dos últimos anos, así coma o festival solidario que celebrara a súa VI Edición, seguiremos defendo ao colectivo LGTBI coma xa fixemos fai uns días e continuaremos dando propostas ao Partido Socialista de Mos".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186