GALICIA
Constitúese o xurado do concurso de ideas para a remodelación interior do Complexo Administrativo de San Caetano
A comisión técnica reunirase a mediados de xullo, para que a finais deste mes o xurado poda someter a votación o informe de valoración de dita comisión
Hoxe quedou constituído o xurado encargado de seleccionar o proxecto gañador do concurso de ideas para a remodelación interior do Complexo Administrativo de San Caetano. O grupo seleccionador elixirá o plan que mellor cumpra a finalidade de acadar un Complexo Administrativo moderno: con espazos adaptados á realidade actual, que ofreza unhas mellores condicións para os traballadores e que facilite unha mellor atención e servizo para os centos de persoas que cada día pasan pola sede da Xunta en Santiago de Compostela.
No acto de hoxe, comunicouse a análise das 24 propostas presentadas, avaliadas previamente polos membros da comisión administrativa, e anunciouse que Carlos Quintáns Eiras é o arquitecto elixido polos concursantes para formar parte do xurado que seleccionará finalmente o proxecto gañador. Ademais, acordouse que a comisión técnica se reúna de novo a mediados de xullo, coa finalidade de que a finais deste mes eleven o seu informe ó xurado para a votación final. Destas 24 ofertas presentadas, oito delas quedaron excluídas por vulnerar o seu anonimato.
O xurado ten como presidenta á secretaria xeral técnica da Vicepresidencia da Xunta e como secretaria ao titular da subdirección xeral de Xestión Económico - Administrativa da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia. Como vogais formarán parte o titular da xefatura de servizo de obras e proxectos da consellería de Presidencia, dous arquitectos propostos pola consellería de Infraestruturas e Mobilidade e polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, un arquitecto elixido a proposta dos concursantes e dous arquitectos en representación do COAG. Ademais haberá un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e un representante da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta.
O gañador será o encargado de redactar o proxecto e dirixir a obra, a través dun contrato de 860.000 euros. Os galardoados cos segundos e terceiro premio, ou con algún dos tres accésits, tamén contarán cun premio. O concurso valorará especialmente unha serie de requisitos, como aproveitar a luz natural e priorizar as zonas diáfanas; que se leve a cabo en fases para permitir seguir a traballar no complexo; que se garanta a accesibilidade; que os espazos sexan flexibles; que se aproveiten as instalacións xa existentes e que haxa un bo sistema de arquivo de documentación, entre outras cuestións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169