Domingo, 12 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Xornal21.es
Jueves, 04 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

O alcalde e a concelleira de Ensino recibiron ao alumnado do IES Indalecio Pérez

O Concello e o IES estudarán a posibilidade e que o alumando do centro poida realizar prácticas en servizos municipais

O Concello e o IES estudarán a posibilidade e que o alumando do centro poida realizar prácticas en servizos municipais

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, recibiron  ao alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón que participou este curso no programa Erasmus +.  O vicedirector do centro Xosé Manoel Álvarez acompañou na visita á casa do concello aos alumnos e alumnas do ciclo de Comercio Cristina Míguez, Estefanía Lago e Hanns Heironimus e do de Electricidade Miguel das Dores e Cristian Zilmam.  


O alcalde, Enrique Cabaleiro, interesouse pola experiencia vivida polo alumnado nestas prácticas en Italia e Portugal, ao tempo que salientou “a importancia de poder contar con esta oportunidade de ter unha experiencia laboral noutro país”.  A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, apuntou coma estadías coma estas  “contribúen ao afianzamento coma persoas noutro entorno”.


No transcurso da recepción plantexouse a posibilidade de que o alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón poida realizar no futuro as súas prácticas laborais en distintos departamentos do Concello. Un tema que quedaron de estudar por ambas partes.


O alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón coincidiu en sinalar o positivo desta oportunidade de realizar prácticas no estranxeiro, o que lles permitiu coñecer o xeito de traballo e vida noutros países.


Durante dous meses e medio estiveron en Parma, Italia, Cristina Míguez, que  realizou prácticas na libraría Futurino, e Hans Heironimus, que traballou na tenda especializada en produtos de tenis Gran Slam. Amais Sergio Valle realizou durante dous meses prácticas na tenda Free Sports en Parma.  Mentres Miguel das Dores e Cristian Zilmam realizaron as prácticas durante dous meses en ElectroBarcelos en Barcelos, Portugal.


Estefanía Lago do ciclo de Comercio disfrutou de 9 meses de prácticas na empresa Tezenis en Conegliano, Italia,  grazas ao programa concertado da Deputación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.