Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 05 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
BAIONA

A Xunta colabora na instalación megafonía no pavillón municipal de Baiona

En total, na provincia de Pontevedra realizaranse obras en 22 concellos que alcanzarán os 1,35 millóns de euros e nas que participará a Secretaría Xeral para o Deporte a través dunha achega de ao redor de medio millón de euros

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou esta semana o concello pontevedrés de Baiona onde asinou co seu alcalde,  Carlos Gómez, o convenio para acometer a instalación dun equipo de megafonía no pavillón deportivo municipal.

 

Segundo o texto do convenio, o Concello de Baiona dispón dunha zona deportiva na que se atopa o pavillón municipal onde se instalará un equipo de megafonía. O pavillón amosa un aspecto renovado tras a reforma integral levada a cabo en 2013. O seu ximnasio conta cunha gran oferta  con preto de 1.000 socios. Esta é unha zona referente en canto a volume de utilización por parte dos veciños para a actividade deportiva polo que a obra de mellora da instalación atraerá a un maior número de cidadáns. O importe total das actuacións ascende á case 16.000 euros (15.941,38 euros) que serán achegados integramente pola Xunta de Galicia.

 

A Secretaría Xeral para o Deporte realiza unha aposta decidida neste 2019 polas infraestruturas deportivas. Nos orzamentos iniciais de 2018 destinábanse un total de 2.833.043 euros para a construción e a mellora das infraestruturas deportivas de Galicia  Para o exercicio 2019, a Secretaría Xeral para o Deporte destinará unha contía de 3.934.217 euros -un 40% máis que o destinado inicialmente en 2018-. En total, na provincia de Pontevedra realizaranse obras en 22 concellos que alcanzarán os 1,35 millóns de euros e nas que participará a Secretaría Xeral para o Deporte a través dunha achega de ao redor de medio millón de euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.