Viernes, 06 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 02 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Incéndiase un galpón situado no Pomar de Suso en Salceda

Un incendio nun galpón no que se gardaban coches obriga a actuar a dotacións de bombeiros do Baixo Miño e do Morrazo.

 

Ademais, unha ambulancia permanece no punto para ofrecer asistencia aos servizos de extinción en caso de ser necesario e de continuar aumentando a temperatura do incendio.

 

Ás 17:30 horas desta tarde, unha chamada ao 112 Galicia alertaba dun lume no interior dun galpón situado no Pomar de Suso, en Salceda de Caselas, e destinado ao almacén de vehículos sen actividade industrial. Por fortuna, ninguén resultou ferido, mais a temperatura acadada polo incendio obrigou a aumentar os efectivos de extinción e enviar unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias para ofrecer asistencia ao operativo en caso necesario.

 

Deste xeito, no lugar están a traballar dotacións dos parques do Baixo Miño e do Morrazo coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil da vila e dos axentes da Policía Local.   

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.