O ROSAL
Os Premios Galicia Parabéns distingue un proxecto para embelecer o Camiño Portugués no Rosal
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución destes galardóns cos que a Xunta premia as boas prácticas dos concellos na mellora da paisaxe
O proxecto de embelecemento do Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo concello do Rosal é unha das dúas iniciativas gañadoras da terceira edición dos Premios Galicia Parabéns cos que a Xunta de Galicia recompensa o traballo dos concellos do rural por coidar o noso territorio e embelecer a paisaxe.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba esta semana a resolución última edición, impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo, na que tamén foi gañador o proxecto presentado polo Concello de A Veiga para integrar o encoro de Prada no núcleo rural da Veiga. Cada un destas iniciativas recibirán así 400.000 euros para sufragar as obras e intervencións necesarias.
Recibirá 400.000 euros para sufragar as obras e intervencións que inclúen a creación dunha área de descanso para peregrinos no lugar de Portecelo
No caso do proxecto de O Rosal, contémplase a creación dunha zona de descanso en Portecelo para os peregrinos que percorren o Camiño Portugués da Costa coa intención de crear unha zona de sombra con mobiliario apto para descansar ou comer. Esta iniciativa prevé unha mellora estética da paisaxe recuperando os ecosistemas de costa.
Con este galardón, a Xunta recompensa o traballo do concello do Rosal por facer de Galicia un destino cada vez máis verde, competitivo e de calidade. Os Premios Galicia Parabéns reforzan tamén o papel do rural como unha das grandes fortalezas de Galicia que é preciso coidar, manter e salvagardar para garantir o seu correcto desenvolvemento e o seu futuro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149