Miércoles, 15 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O Concello de Salvaterra de Miño volve a colgar a bandeira LGTBI no seu balcón

Dende esta maña no balcón da Casa consistorial de Salvaterra de Miño volve a ondear a bandeira LGTBI, despois de que este fin de semana fora queimada.

 

O Concello de Salvaterra de Miño  condenou este fin de semana os actos vandálicos acontecidos está madrugada coa queima da bandeira LGTBI, que estaba colgada na fachada do consistorio.

 

Este Concello sumouse á celebración do #orgullo2019 para reivindicar o dereito a ser e amar libremente, o dereito á liberdade e ao respecto, e neste eido o grupo de goberno estivo presente  hoxe na concentración organizada por un grupo de xovenes salvaterrenses que querían mostrar o repulso a estas acción e visibilizar que o noso municipio, Salvaterra de Miño é un Concello tolerante e aberto, que respecta os dereitos e libertades das persoas.

 

Ao finalizar a lectura do manifesto pasouse a colgar unha nova bandeira que estará pendurada na fachada do Concello durante esta semana.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.