Viernes, 31 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A xuizo un “narcopiso” do Porriño

Nove axentes da Policía Local do Porriño, entre eles o Inspector Xefe Daniel Rodríguez, acudirán o vindeiro xoves 4 como testemuñas ó xuízo que se celebrará na Audiencia Provincial polo desmantelamento dun “narcopiso” na nosa cidade.


O operativo iniciouse o 1 de abril de 2018 pola Policía Local de Porriño que realizou un seguimento da actividade sospeitosa que se localizaba no edificio nº 2 da rúa Foz. A partir de xullo, Policía Local do Porriño e a UDEV da Comisaría da Policía Nacional acordan desenrolar a operación de xeito conxunto baixo a tutela do Xulgado de Instrucción nº 2 de Porriño. Deste xeito realizáronse vixilancias autorizadas e comprobacións que permitiron determinar a existencia dunha actividade de venta de drogas ó menudeo a cargo da parella formada por Patricia C. e Gerardo R.

 

[Img #54630]


Con todas a s probas reunidas pola Policía Local e a UDEV, o Xulgado autorizou a entrada, rexistro e detención da parella dentro do “narcopiso”, a vivenda 4ºC do edificio nº 2 da rúa Foz. A operación efectuouse o 27 de setembro e as dilixencias dan lugar a este xuízo que se desenrolará na Sala IV da Audiencia. No banquiño dos acusados tamén se sentará un tercer procesado Fernando H., detido en Salceda de Caselas e considerado polas Forzas de Seguridade como un provedor da droga que vendía a parella porriñesa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.