TUI
Carme Núñez reclama que se limpe a zona exterior da Alameda de San Domingos
O BNG solicita que se arranxe a conducción de auga que abastece a fonte situada no parque infantil do Paseo da Família Alvarez Blázquez levando esta petición a través dun rogo ao vindeiro pleno municipal.
Tal como amosan nas fotografías remitidas," a fonte está sen auga nun local onde as crianzas e familias pasan tempos de xogos e ocio. Segundo comentan os usuarios do parque infantil, o desperfecto leva meses sen arranxar".
"Nesta época de verán, con altas temperaturas, non ten sentido que os recursos hídricos nos parques onde xogan nenas e nenos, non sexan aproveitados corretamente."apuntou Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui.
Por outra parte, "a maleza invade tamén a zona exterior da Alameda, a que dá contra o río, como mostran as fotografías que adxuntamos". "Animamos aos responsábeis municipais a dar un paseo pola zona e comprobar eles mesmos, directamente, canto se pode mellorar, sen dúbida, a limpeza e adecentamento desta parte da nosa contorna", sinalou a portavoz nacionalista.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163