O PORRIÑO
O campo de San Campio estará arranxado para a estrea do Pontellas en terceira división
Unha comitiva municipal formada pola alcaldesa Eva García, a concelleira Lourdes Moure e de Julio Bernárdez, xerente do departamento de Deportes do Concello visitaron as obras que a administración municipal está a costear nos campos de fútbol e vestiarios de San Campio.
Actualmente están a realizarse tarefas de pinchado para aireación do céspede e capa vexetal do campo de herba natural. As labouras continuarán en próximos días para ter este campo nas mellores condicións posibles para a estrea do Pontellas en Terceira División despois do seu flamante ascenso de categoría. Pola mesma razón tamén están a realizarse traballos de limpeza e pintura dos vestiarios. A Liga en Terceira División arrancará o vindeiro 25 de agosto segundo determinou a RFEF.
Estés traballos que se están a realizar foron acordados nun recente encontro celebrado na Alcaldía entre Eva García, Julio Bernárdez e directivos do C.D. Pontellas encabezados pola súa presidenta, Marta Costas. Durante esa reunión a alcaldesa recoñeceu á directiva do Pontevedra “a mói boa xestión que están realizar dende a parte administrativa do club que se plasma nos excelentes resultados deportivos en todas as categorías”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159