Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 09 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O Camiño Portugués da Costa gaña adeptos na Alemaña

Unha peregrina Alemá visitou A Guarda para contar a súa experiencia no Camiño de Santiago a través dun Blog

A semana pasada a blogueira e peregrina alemá Nicole Biarnes, fixo escala na Guarda no seu traxecto polo Camiño Portugués da Costa. Esta peregrina participa da man de Correos para a promoción do Camiño de Santiago entre os peregrinos alemáns. A empresa postal acompaña a esta blogueira alemá especializada en viaxes ao longo de toda a semana.

 

Na súa estadía na Guarda Nicole Biarnes foi recibida no Concello, visitando ademais lugares singulares e de atracción turística do municipio como o Monte Santa Trega, o casco histórico e o Porto da Guarda, apreciando os monumentos, a paisaxe e a gastronomía desta ruta xacobea.

 

Nicole Biarnes contará no seu blog especializado a súa experiencia, de xeito que os seus compañeiros alemána descubran de primeira man o Camiño Portugués da Costa, facendoos partícipes do mesmo e facendo un convite a vir e gozar desta experiencia. Viaxará libre de cargas grazas ao soporte do servizo Paq Mochila de Correos, que lle levará a súa equipaxe de aloxamento a aloxamento.

 

Alemaña é un país moi importante para o Camiño de Santiago, xunto a Italia e de onde proceden o maior número de peregrinos, na web www.elcaminoconcorreos.com os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago pola Costa atoparán información detallada de todas as etapas.

 

Blog de Nicole Biarnes: https://www.freibeuter-reisen.org/

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.