Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 05 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

V Feira Medieval en Salceda de Caselas

Salceda volve ó medievo esta fin de semana (venres, sábado e domingo) para celebrar o V Mercado Medieval da vila, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais (ACISA). Máis de 30 postos forman este mercado, con feirantes chegados de todo o Estado aos que se lles suman outros de Salceda, ofrecendo así un mercado  variado que para acoller aos numerosos visitantes que se achegarán a esta cita, que nas últimas edición leva recibido a centos de persoas.

 

O mercado completarase con diversos actos que se desenrolarán ao longo dos tres días na Praza do Concello como no Parque Raíña Aragonta: xogos populares, pompeiras, tragalumes, etc.

 

No acto de apertura da Feira estiveron presentes Verónica Tourón, Tenete Alcalde e Concelleira de comercio, Alex Rodríguez, Concelleiro de cultura e festexos, e Rubén González, Concelleiro de deportes, xunto con Laura Rodríguez e Xurxo Gregorio en representación de ACISA.

 

A Feira Medieval abre o Verán Cultural que se prolongará ata o vindeiro 22 de xullo, festivo local en Salceda, no que se porá fin ás Festas do Cristo. Ata entón están programadas máis de 30 actividades para tódolos públicos, que de novo encherán as rúas e as prazas de Salceda de xente de tódalas idades.

 

Aproveitando a Feira celebrouse tamén o sorteo de premios do Bocaselas, que repartiu 230 € en sete cheques entre as persoas participantes nesta ruta que se celebrou durante o mes de maio.

 

Dende o equipo de gobernó de Salceda definiron a iniciativa como un luxo, agradecendo que as asociación de Salceda, neste caso o comercio, leven a cabo iniciativas destas características e con esta trascendencia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.