NIGRÁN
A cantante americana Deborah Carter cabeza de cartel do Nigranjazz
A muller cobra protagonismo nesta treceava edición coa gran artista internacional Deborah Carter o día 27 (quen ademais ofrecerá unha masterclass) e o trío Hey Cats no escenario do Rilla na Rúa
O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán, contará na súa treceava edición o 26 e 27 de xullo no esteiro de A Foz (A Ramallosa) coa gran actuación estelar da cantante americana Deborah Carter o día 27, quen ademais ofrecerá unha master-class matinal no Auditorio do Concello para a que se abrirá a inscrición a vindeira semana.
A programación, presentada xa oficialmente, outorga nesta ocasión o gran protagonismo á muller, xa que a esta artista únese o trío feminino e tamén internacional Hey Cats o venres 26 no escenario do Rilla na Rúa, evento gastronómico que un ano máis vai unido tamén ao Nigranjazz. Como xa é sinal de identidade do festival, os músicos galegos de jazz máis recoñecidos volverán a estar presentes en tódalas formacións feitas unha vez máis ex-profeso para o Nigranjazz, como Xosé Miguelez&Jean-Michel Pilc Quartet e o cuarteto de Pablo Castaño o venres 26 e o quinteto de Fernando Sánchez o 27 como antesala da actuación de Deborah Carter, quen tamén reúne para a ocasión a Xan Campos ao piano e Chus Pazos á batería xunto a Mark Zandveld ao contrabaixo. Off-Room, trío 100% nigranés, completan o cartel o día 27 no escenario Rilla na Rúa xunto as jams sessións posteriores aos concertos. O Nigranjazz, ao que se une Cervezas Alhambra como colaborador, conta tamén co apoio da Deputación de Pontevedra, a Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España (AIE), a Fundación Mayeusis, Elemental Chefs, Rodosa ou ACentralFolque.
“Nigrán é xa unha referencia no circuíto nacional de jazz e o seguirá sendo nesta edición de marcado caracter feminino, feito de que estamos moi orgullosos”, resumiu o alcalde, Juan González, na presentación. “Deborah Carter é unha cantante de jazz de referencia en toda Europa, onde desenvolve o seu traballo, sabemos que vai causar unha gran sensación porque é unha vocalista impresionante cun estilo moi persoal. Ademais, contamos co trío feminino Hey Cats que reivindica firmemente o papel da muller no jazz ao punto de que son grandes investigadoras deste tema e interpretan só temas compostos por mulleres", destaca Felipe Villar, director do Nigranjazz, quen incide no seu compromiso "de que a calidade artística prime sempre por riba de todo”. "Unha vez máis o Nigranjazz ofrece a oportunidade de gozar de artistas que difícilmente veñen ao noroeste peninsular e de actuacións únicas porque son formacións feitas para esta ocasión".
O cartel deseñado polo Leonardo Abate será o empregado para difundir esta undécima edición tras resultar gañador entre as case 100 propostas presentadas ao concurso Quin Alborés.
Viernes 26: Martín Lopo Trío
Martín Lopo: Piano
Juan Alonso: Contrabajo
Juan Guerrero: Bateria
Sábado 27: Rubén Fernández Cuarteto
Rubén Fernández: Voz
Suníl López: Piano
Juansi Santomé: Contrabajo
Max Gómez: Bateria
HISTORIA DO FESTIVAL
O Nigranjazz, festival señeiro do Concello de Nigrán, cumpre 13 anos sendo o máis lonxevo organizado dende o consistorio e o único adicado ao jazz de toda a comarca do Val Miñor. Actualmente está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do noroeste peninsular debido á calidade dos artistas que nel participan. A diferenza doutros festivais, aposta por un jazz puro, lonxano das vangardas. Sempre con entrada gratuíta, celébrase no espazo clasificado na Rede Natura do esteiro de A Foz, na Ramallosa, dende que en 2007 o impulsasen veciños de Nigrán entusiastas desta música, manténdose activos na organización co músico Felipe Villar á cabeza. Dende entón, conseguiuse achegar a Nigrán a algúns dos mellores artistas a nivel internacional, por el desfilaron, entre outros, Peter Bernstein, Gilad Hekselman, Bill McHenry, Jorge Rossy, Marteen Hogenhuis, Joe Martin, Chris Cheek, Kurt Rosenwinkel... Pero non hai que esquecer que o festival é tamén un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, así, é xa tradición que se integren nas formacións internacionais músicos locais, compoñendo agrupacións en exclusiva para o evento e dando a oportunidade aos músicos de aquí de presentar os seus traballos. Compre destacar que o Nigranjazz outorga tamén especial relevancia á relación galaico-portuguesa, consagrando algunha edición unicamente a elo e invitando sempre a artistas lusos a participar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217