GALICIA
A Xunta 'preocupada' pola escaseza de socorristas nos concellos galegos
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantivo esta semana unha xuntanza coa presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), Nuria Rodríguez
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantivo esta semana unha xuntanza coa presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA), Nuria Rodríguez, onde analizaron polo míúdo a situación actual dos concellos galegos este verán pola escaseza de socorristas. Santiago Villanueva indicou que a día de hoxe están inscritos no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia case 5.300 persoas o que os habilita para poder traballar nas nosas praias.
Esta reunión se enmarca nunha serie de encontros que se manteñen cos distintos actores implicados no eido do socorrismo e que se iniciou coa xuntanza mantida polo vicepresidente da Xunta de Galicia co presidente da Fegamp, xa que como lembrou o director xeral de Emerxencias e Interior, a contratación dos socorristas e a prestación deste servizo é competencia municipal, polo que o Goberno galego e Fegamp analizaron as causas da carencia de socorristas en algúns supostos e as posibles medidas que permitan paliar esta escaseza de persoal.
Santiago Villanueva e Nuria Rodríguez indicaron que partindo da base de que hai 5.300 socorristas habilitados para poder exercer, hai que atopar unha solución e determinar porque en algúns concellos non teñen problema para levar a cabo as contratacións e en cambio noutros lugares non. Neste senso púxose de manifesto que tanto a estacionalidade das contratacións como o importe a recibir polos socorristas marcan, dificultan nalgúns casos a posibilidade de cubrir o servizo.
Santiago Villanueva indicou que, a día de hoxe, están inscritos no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia case 5.300 persoas o que os habilita para poder traballar
Villanueva fixo especial fincapé en que é completamente necesario que todos os concellos poidan contar con estes profesionais, polo que hai que buscar posibles alternativas e vías de solución sempre pensando na seguridade dos veciños e turistas que acoden na tempada de verán ás praias e espazos acuáticos da nosa comunidade.
Así se estudarán distintas alternativas cos axentes implicados para intentar que esta problemática non se produza no futuro e que abarcarían posibles solucións que se baseen tanto en aspectos relacionados coa formación dos socorristas, a forma e requisitos de obtención da titulación, así como os procesos selectivos de contratación deste persoal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188