Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 09 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

‘Solpor Monteferro’ consolídase cunha asistencia record de preto de 5.000 persoas

María Yfeu e The Mirror reuniron o venres a case 2.000 persoas, superándose esa cifra o sábado con Mon Band, Gain Over e o grupo liderado por ‘Manquiña’ Fabulosos Weekend

O festival 'Solpor Monteferro' organizado polo Concello de Nigrán consolídase como un dos máis señeiros no municipio tras reunir este venres 5 e sábado 6 a preto de 5.000 persoas neste increíble miradoiro, á tardiña, e coa música dalgúns dos mellores grupos da comarca. Neste enclave único tivo lugar a terceira edición (a máis multitudinaria ata agora) con María Yfeu e The Mirror o venres e Mon Band, Gain Over e Fabulosos Weekend (grupo liderado polo actor Manuel Manquiña) o sábado.

 

 

 

 

Con só tres edicións ás súas costas,  Solpor é xa un dos festivais máis singulares de Galicia e que máis expectación xenera

 

 

 

 

‘Solpor’ confírmase así coma un dos festivais máis singulares de Galicia e que máis expectación xenera. Organizado nun espazo protexido, o máximo respecto medioambiental reinou durante os dous días e seguirá a ser unha prioridade para o Concello de Nigrán. Un ano máis, cumplíuse o obxectivo de gozar da música ao aire libre nunha contorna privilexiada, nun palco proxectado cara ao Atlántico sobre o máis grandioso dos escenarios, un xeito distinto de desfrutar dun concerto, cos cinco sentidos postos na contorna e sumando ao ritmo das ondas o das mellores actuacións en vivo.

 

"Trátase dun festival moi novo pero que tivo gran acollida xa dende o seu primeiro ano, no 2017. Asiste un público moi familiar e moi respectuoso coa contorna, polo que consideramos que a súa creación foi un gran acerto", sinala o alcalde, Juan González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.