Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 10 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A exposición de ASPACE convida a coñecer a realidade cotiá e a afectividade entre persoas con parálise cerebral

A mostra “Tal día coma hoxe” amosa, como destacou Carmela Silva, “o máis digno que existe, as imaxes de persoas que reclaman igualdade e reclaman todos os seus dereitos”

Transmitir a naturalidade das relacións entre persoas con parálise cerebral, a súa afectividade e a realidade do seu día a día son os obxectivos da nova exposición que ata o vindeiro día 19 pode visitarse no hall do Pazo Provincial. A Deputación de Pontevedra acolle por terceira ocasión a mostra itinerante que desde hai oito anos organiza a Confederación ASPACE e promove a Federación ASPACE-Galicia, e que neste caso recolle 30 imaxes do fotógrafo Chomi Delgado baixo o título “Tal día coma hoxe”.

 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou ante os representantes do colectivo a un numeroso grupo de persoas usuarias dos centros de Amencer, o feito de que esta mostra fose o seu primeiro acto institucional do seu segundo mandato como “alcaldesa provincial”: “Non podía ser doutro xeito, porque as persoas van ser aínda máis o centro da actividade política” da institución provincial, apuntou. Silva agradeceu a ASPACE que traia ao Pazo Provincial “o máis digno que existe, as imaxes de persoas que reclaman igualdade e reclaman todos os seus dereitos, porque lles pertencen e corresponden, e custa moito adquirilos”. “Esta exposición –engadiu a presidenta provincial- cada mañá lembraranos a mi e a todas as persoas que entran por este Pazo que temos unha obriga: acadar que todos e todas podamos vivir sendo felices. E para ser felices temos que ter dereitos. Temos que fixar a atención e non mirar para outro lado ou pensar que nada se pode facer; todo se pode facer”.

 

A través das imaxes de Chomi Delgado, “fermosas, que transmiten, conmoven e amosan o mellor do ser humano, a nosa capacidade para abrazarnos, sorrirnos, querernos e tocarnos”, como subliñou Silva, “a mostra é acertadísima porque fala dos afectos”. “Non poderiamos vivir sen afectos; son os que marcan o que somos as persoas –sinalou-. A amizade, as relacións sexuais e de parella forman parte fundamental da nosa vida; todo o mundo ten dereito a telas en liberdade e sen que ninguén poña trabas, ao igual que a busca da familia. E todo o facedes cun sorriso. Amosades a persoas que loitan por ser felices”.

 

Pola súa banda, Mónica Touriño, presidenta da Federación ASPACE-Galicia, sinalou que a apertura desta mostra é o primeiro acto para celebrar o vinte aniversario do colectivo, que se cumpre este mes de xullo, así como a importancia que ten para a visibilización das persoas con parálise cerebral. “É tan importante que se vos vexa no día a día! –destacou-. É onde se reflicten temas tan importantes como a afectividade, fundamental na vida de calquera persoas e por suposto das persoas con parálise cerebral”.

 

As fotografías en branco e negro de Chomi Delgado –que no 2018 recibiu o premio Lux de Plata por unha das series das que está composta a exposición- son historias que se complementan entre si nas que os seus protagonistas buscan ser aceptados e non xulgados, e agrúpanse en tres temáticas: amizade, vida en parella e busca da familia. A idea e amosar o día a día das persoas con parálise cerebral e subliñar o feito de que máis alá da súa discapacidade, a súa vida afectiva é igual á de calquera outra persoa, así como potenciar a imaxe das persoas con esta patoloxía como cidadáns de pleno dereito e, ao mesmo tempo, resaltar as súas capacidades. A exposición pode visitarse ata o día 19 de luns a venres, en horario de 8 a 20 horas e ademais de Pontevedra visitará este ano outras dezaseis cidades españolas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.