• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Lunes, 26 de Octubre de 2026

Actualizada Lunes, 26 de Octubre de 2026 a las 08:51:16 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • UCIN Mos pide revisar las restricciones del Camiño de San Cosme

      UCIN Mos pide revisar las restricciones del Camiño de San Cosme

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas desbloquea el centro de día de Guláns

      Ponteareas desbloquea el centro de día de Guláns

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Oia llama a resintonizar la TDT para no perder canales

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • El obradoiro 'Coidando Miñor V' retira plantas invasoras en Baiona

      El obradoiro 'Coidando Miñor V' retira plantas invasoras en Baiona

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Galicia Sur bate récords científicos y triplica su impacto global

      Galicia Sur bate récords científicos y triplica su impacto global

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Nosotros | Gupo Xornal21
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Miércoles, 10 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
VIGO

A Guía de estudos de paisaxe urbana aposta por crear espazos abertos ao mar

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentou onte a sétima das guías deste tipo elaboradas polo Goberno galego, co fin de conservar e protexer o verde e azul identificativo de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presentou onte a Guía de estudos de paisaxe urbana que aposta por crear espazos abertos ao mar e recuperar as fachadas litorais, símbolo e identidade dos concellos costeiros galegos. Trátase dun novo documento impulsado polo Goberno galego, a través do Instituto de Estudos do Territorio, para conservar e protexer o verde e azul identificativo e característico das paisaxes dos concellos de Galicia, é dicir, promove recuperar os elementos que reforzan a identidade do lugar, así como conservar ou rehabilitar o patrimonio industrial portuario dos municipios de costa, como é o caso de Vigo.

 

A conselleira de Medio Ambiente destacou que Galicia se dota dunha nova ferramenta na súa aposta por un urbanismo sustentable, ordenado e respectuoso coa paisaxe galega e que estará dispoñible -a través da web da Consellería- e que se converterá nunha referencia para os equipos redactores e profesionais que interveñen na planificación do territorio e das cidades.

 

A modo de exemplo, a conselleira explicou que este documento propón intervir nos esqueletos de edificios, co fin de eliminar o impacto, rematando a construción iniciada, demoléndoa ou ocultándoa. Tamén se aborda a necesidade de establecer un tratamento paisaxístico integral nos accesos urbanos, autovías e circunvalacións, para mellorar a transición que existe entre as vías de alta capacidade e as entradas ao núcleos urbanos.

 

 

 

 

Este documento, elaborado por e para profesionais multidisciplinares, recomenda intervir nos denominados esqueletos, rematando as construcións iniciadas, demoléndoas ou ocultándoas para eliminar o impacto que xeran

 

 

 

 

Esta solución tamén se propón para integrar os polígonos industriais nas cidades, para o que se recomendan establecer zonas de transición coas áreas residenciais con espazos verdes ou reducindo os carteis e vallas publicitarias.

 

Ángeles Vázquez indicou que se trata da sétima das guías que presenta o Goberno galego, e na que traballou un equipo multidisciplinar, formado por profesionais da arquitectura, socioloxía, xeografía, avogacía e medio ambiente, co fin de presentar unha completa diagnose do sistema urbano galego, así como unha segunda parte, na que se definen os métodos e instrumentos para a análise da paisaxe urbana.

 

Esta guía céntrase en dous compoñente esenciais, como a paisaxe urbana exterior, como imaxe de conxunto, é dicir, a que se observa desde os miradoiros ou os accesos urbanos; e a paisaxe urbana interior, como imaxe de fragmento ou aquela que ten o cidadán a pé de rúa e que implica un enfoque máis subxectivo e con percepción fragmentaria e secuencial.

 

A terceira parte da guía céntrase nos datos complementarios e de interese, como o percorrido polo marco legal e polo concepto de paisaxe urbana, así como información detallada sobre técnicas de participación pública, facendo fincapé na necesidade de establecer políticas que incorporen a opinión cidadá.

 

 

 

 

O documento presentado esta mañá inclúen unha parte teórica, cunha diagnose de situación e un resumo do marco normativo, así como unha sección práctica con exemplos concretos de cada tipo de estudo que se propón

 

 

 

 

Explicou que esta guía non se limita a ser un documento teórico senón que tamén recolle exemplos prácticos, como un estudo dunha paisaxe urbana exterior, para o que foi elixida a cidade de Lugo vista desde diferentes puntos de observación; un exemplo de identificación dos elementos estruturantes dunha paisaxe urbana interior, que neste caso escolleuse a vil a de Vilalba; ou o desenvolvemento completo nunha área de paisaxe urbana, para o que se elixiu a zona de San Antoniño, na cidade de Pontevedra.

 

Ángeles Vázquez salientou que a paisaxe en Galicia non é só unha sinal de identidade da Comunidade, senón que é tamén un motor da economía por constituír un atractivo turístico innegable. Nese sentido, o Goberno galego leva dez anos traballando da redacción de ferramentas a favor dunha ordenación e desenvolvemento paisaxísitico respectuoso e sostible.

 

Enumerou a Lei da Paisaxe de Galicia, as Directrices de Ordenación do Territorio, o Plan de Ordenación do Litoral, a nova Lei do Solo e o seu Regulamento, a Estratexia Galega da Paisaxe, o Catálogo das Paisaxes de Galicia, o Consello Asesor da Paisaxe de Galicia, os Pactos pola paisaxe, a Rede de Itinerarios de interese paisaxístico; así como sete guías e manuais -entre as que se inclúe a presentada esta mañá- no marco da Colección Paisaxe Galega... en definitiva, documentos e instrumentos que pretende axudar aos concellos, aos profesionais e a sociedade en xeral á hora de levar a cabo intervencións no territorio, co fin de que entre todos dotemos a Galicia dunha paisaxe ordenada e dun urbanismo sostible.

 

Noticia anterior:
O TSXG avala a decisión do Concello na legalización dos apartamentos turísticos de Samil
Noticia siguiente:
López-Chaves pon en valor a inversión de máis de un millón de euros na recuperación da Ribeira do Berbés
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.18

Todavía no hay comentarios

Actualidad

Ictus: secuelas cognitivas invisibles y cómo recuperarse

Ictus: secuelas cognitivas invisibles y cómo recuperarse

Octubre, el mes de aprender a estudiar mejor

Octubre, el mes de aprender a estudiar mejor

Los errores que te disparan la factura de la calefacción

Los errores que te disparan la factura de la calefacción

El calendario laboral de 2027 deja en Galicia seis puentes y un verano sin festivos

El calendario laboral de 2027 deja en Galicia seis puentes y un verano sin festivos

Opinión

¿Hasta cuándo seguiremos cambiando la hora?

Premios al vago, al sinvergüenza y al vividor

La vivienda, el derecho constitucional convertido en espejismo

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Prisión para una joven de 20 años por un intento de homicidio en Cangas

Prisión para una joven de 20 años por un intento de homicidio en Cangas

Dos personas evacuadas por un incendio de cocina en Balaídos

Dos personas evacuadas por un incendio de cocina en Balaídos

Estafa de pellets en Ponteareas destapa una red de criptos

Estafa de pellets en Ponteareas destapa una red de criptos

Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

Agenda

Octubre 2026
LunMarMieJueVieSabDom
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Galicia

Urgen ayudas para la flota de Vigo ante el coste del combustible

Urgen ayudas para la flota de Vigo ante el coste del combustible

Galicia puede liderar la eólica marina si se convocan subastas

Galicia puede liderar la eólica marina si se convocan subastas

Provincia

Las carreteras provinciales de Pontevedra ganan un 3% de tráfico

Las carreteras provinciales de Pontevedra ganan un 3% de tráfico

240.000 euros para frenar la violencia machista y tejer igualdad

240.000 euros para frenar la violencia machista y tejer igualdad

Deportes

Las Tanias conquistan el oro mundial en K2

Las Tanias conquistan el oro mundial en K2

Iván Sanmartín, reelegido presidente de la Federación Gallega de Atletismo

Iván Sanmartín, reelegido presidente de la Federación Gallega de Atletismo

El Xacobeo apuesta por la gimnasia camino a 2027

El Xacobeo apuesta por la gimnasia camino a 2027

Motor

La nueva Toyota Hilux llega con dos opciones electrificadas

La nueva Toyota Hilux llega con dos opciones electrificadas

Salud

Galicia Sur bate récords científicos y triplica su impacto global

Galicia Sur bate récords científicos y triplica su impacto global

El 55% de los españoles no sabe qué es el hígado graso

El 55% de los españoles no sabe qué es el hígado graso

Se te cae más el pelo en otoño: por qué pasa y qué hacer

Se te cae más el pelo en otoño: por qué pasa y qué hacer

Turismo

Caixa Rural Galega patrocina el Xacobeo 2027 con 150.000 euros

Caixa Rural Galega patrocina el Xacobeo 2027 con 150.000 euros

Hogar

El alquiler permanente cae un 10 % tras anunciar el Gobierno nuevos decretos

El alquiler permanente cae un 10 % tras anunciar el Gobierno nuevos decretos

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

Seguridad | Protección Civil

Alerta crítica en PHP: ataques activos para ejecutar código en servidores

Alerta crítica en PHP: ataques activos para ejecutar código en servidores

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

O TSXG avala a decisión do Concello na legalización dos apartamentos turísticos de Samil

López-Chaves pon en valor a inversión de máis de un millón de euros na recuperación da Ribeira do Berbés

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder