VIGO
O alcalde avanza a posta en marcha da campaña "Vigo libre de plásticos"
Segundo explicou, trátase dunha campaña de concienciación colectiva sobre a necesidade de eliminar os plásticos da vida diaria. Amais, Cabalero referiuse á ordenanza para eliminar o tabaco das praias de Samil, O Vao e as Illas Cíes
Abel Caballero asistiu esta semana xunto á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, á presentación da campaña informativa "Experiencias Sostibles", coa que o ente provincial quere concienciar á cidadanía dos efectos dos plásticos na saúde e no medio ambiente.
O alcalde de Vigo felicitou á presidenta da Deputación por esta acción, que se desenvolve por segundo ano consecutivo, e adiantou que dende o seu goberno están deseñando unha campaña de concienciación colectiva baixo o lema "Vigo libre de plásticos", que se iniciará despois do verán e que aspira a que sexa un exemplo en España e Europa. "Queremos que outras cidades españolas e europeas sigan esta mobilización", sinalou.
Así, o rexedor destacou o importante nivel de concienciación social sobre o medio ambiente e vida saudable que percibe nestes momentos no que "a gran peste se chama plásticos e están matando o planeta e o mar", polo que, dixo, "temos que actuar con contundencia. Temos que terminar cos plásticos". Así, animou á cidadanía a empregar bolsas de tela e empregar envases alternativos, biodegradables.
Abel Caballero referiuse tamén á elaboración da ordenanza municipal que limitará o tabaco nas praias de Samil, O Vao e as Illas Cíes tras a consulta web realizada na que participaron "40.000 persoas e o 80% dixo que as querían libres do fumo de tabaco", sentenciou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149