Miércoles, 29 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 15 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O novo goberno do Porriño contará con seis adicacións exclusivas

A Corporación Local de Porriño terá catro grupos políticos (PP, PSOE, BNG y EU Son) e un concelleiro polo grupo mixto que será Manuel Carrera. Conforme a lexislación vixente Carrera non pode constituirse en grupo político da UDDL por ter tan só un concelleiro.

 

Asimesmo determinaronse os voceiros de cada grupo: polo PP, Manuel Alejandro Lorenzo; polo PSOE, Lourdes Moure; polo BNG, Pedro Pereira; por EU Son Porriño, Pedro Ocampo y Manuel Carrera polo grupo mixto.

 

A sesión tamén determinou por maioría (PSOE, BNG, EU Son e Carrera) a periodicidade dos plenos corporativos que serán mensuais, o último mércores, ás 18 horas. Na semana anterior e tamén en mércores, terán lugar as reunións das comisións municipais informativas. En ambos puntos, o PP abstívose porque entendía mellor celebrar plenos cada dous meses e do mesmo xeito coas comisóns.

 

Finalmente haberá sete comisións informativas:  Urbanismo, Medio Ambiente, Obras e Infraestructuras, Economía, Fazenda e Persoal, Contas,Seguridade, Policía, Protección Civil e Mobilidade, Parques, Xardíns,  Limpeza, Industria e Mercados, Deportes, Cultura, Xuventude e Festas e finalmenete Servizos Sociais e Igualdade.

 

En cada comisión o PP terá 4 concelleiros; PSOE, 2; BNG, 1; EU Son, 1 e o Grupo Mixto, 1.

 

O derradeiro punto da orde do día determinaba as adicacións e retribucións do mebros do goberno municipal.

 

Así acordaron que haberá seis  adicacións exclusivas que corresponden á Alcaldesa Eva García e ós concelleiros Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso, polo PSOE, e Pedro Pereira e Ana Belén Crespo, polo BNG como resultado do pacto de goberno que está “prácticamente negociado entre ambas as dúas forzas políticas”.

 

As retribucións dos membros do goberno municipal serán as mesmas contempladas no Orzamento Municipal en vigor sen o incremento que debería engadirse polo que determina o Real Decreto 24/2018.

 

Os votos dos 8 concelleiros do PP e os 2 de EU Son Porriño, derrotaron a proposta que votaban PSOE, BNG e Manuel Carrera.

 

Deste xeito e ata a elaboración dun novo orzamento Municipal, as retribucións dos membros do goberno serán as mesmas que tiñan en 2018.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.