Redondela
Xosé Ricardo Losada gaña o Premio Viadutos 2019 de novela
A obra A casa xunto ao volcán impúxose por unanimidade aos demais orixinais presentados nesta segunda edición que será publicada pola Editorial Galaxia o próximo outono.
Reunido nas dependencias municipais do Concello de Redondela o pasado sábado 29 de xuño, o xurado composto polas escritoras Iolanda Zúñiga e Anna R. Figueiredo (gañadora da pasada edición), a xornalista María Jesús Argibay, a profesora Patricia Arias Chachero, e a editora Malores Villanueva decidiu declarar gañadora a obra A casa xunto ao volcán do autor Xosé Ricardo Losada.
O xurado destacou a fortaleza dunha voz feminina en construción que evoluciona ao longo do relato na busca da súa identidade. A través dunha adolescente o autor móstranos o pensamento crítico dunha sociedade na que a filosofía pode e debe ter un papel relevante e necesario. Losada logra ademais unha voz feminina plenamente crible e sorprendente. A casa xunto ao volcán é unha novela rebelde que convida a cuestionarse a orde social establecida.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91