SALCEDA DE CASELAS
A Xunta publica as expropiacións para executar unha senda peonil e ciclista en Parderrubias
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará a contratación das obras a finais do verán e o levantamento de actas previas será no terceiro trimestre de 2019
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica no Diario oficial de Galicia o Decreto polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar unha senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, á altura de Parderrubias, no Concello de Salceda de Caselas.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina a esta actuación un orzamento duns 900.000 euros, no cal se inclúe o pagamento aos titulares dos 94 predios necesarias para executar esta actuación. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: http://xurl.es/vlyef
O departamento de Infraestruturas da Xunta ten previsto a licitación do contrato das obras a finais de verán e o levantamento de actas previas está previsto no terceiro trimestre de 2019.
Trátase da execución dunha senda compartida peón–bici de algo máis de 2 quilómetros de lonxitude na estrada de titularidade autonómica PO-411, cun trazado que coincide en planta e alzado coa vía actual e cun ancho que oscilará entre os 1,80 e os 2,30 metros.
Esta actuación no núcleo de Parderrubias desenvólvese en tres treitos, un na marxe dereita da vía de acceso ao IES Pedras Rubias, outro na marxe esquerda da estrada PO-411, entre os puntos quilométricos 4+260 e 5+985, e o terceiro tamén pola marxe dereita da vía autonómica, entre os puntos quilométricos 5+970 e 6+250.
Ademais proxéctase un paso de peóns elevado no puntos quilométrico 3+715, a ampliación do paso sobre o regato de Landres, a mellora das interseccións e accesos ás vivendas. Nas obras se prevé o traslado da marquesiña existente no punto quilométrico 5+910, así como a reposición dunha serie de treitos da rede de saneamento.
Trátase da construción dun itinerario compartido para peóns e bicicletas que desenvolverá en tres treitos da estrada autonómica PO-411, de algo máis de 2 quilómetros de lonxitude en total e un ancho de entre 1,80 e 2,30 metros
Cómpre lembrar que con esta nova actuación impulsada desde a Xunta se completa o Plan de Sendas de Galicia para a Comarca de Vigo. Nesta comarca implicou a mobilización dun investimento total de 5,9 M€, que permitiron e están a permitir a execución de máis de 12 quilómetros de novas sendas peonís e ciclistas en estradas de titularidade autonómica.
O departamento de Infraestruturas da Xunta ten neste momento todas as obras rematadas, salvo a senda na estrada PO-340, entre Gondomar e Ramallosa, nos concellos de Gondomar e Nigrán, en obras pero xa case posta en servizo na súa totalidade, e este novo itinerario proxectado na PO-411 en Parderrubias, que impulsa hoxe o Executivo autonómico.
Os obxectivos prioritarios desta nova senda son incrementar a seguridade dos veciños nos seus desprazamentos cotiás e promover unha mobilidade máis sustentable. E na actualidade están rematadas e en servizo as sendas da PO-552 en Vigo (Coruxo- Roteas e A Estea), Nigrán (Priegue) e Baiona (Santa Marta e Paseo Marítimo); as da PO-325 en Vigo (Navia) e Nigrán (Monte Lourido); a da PO-250 en Pazos de Borbén (Amoedo); e a da PO-331 en Porriño e Mos (Atín).
Estas actuacións son cofinanciadas con Fondos europeos do programa operativo Feder 2014-2020.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186