PROVINCIA
Sanidade inspeccionará 411 piscinas de uso colectivo da Provincia de Pontevedra
Os técnicos de Saúde Pública da Xefatura Territorial efectúan a supervisión sanitaria segundo o establecido no Programa de vixilancia sanitaria de piscinas, que consiste na inspección das instalacións e o control da calidade da auga
A Consellería de Sanidade, a través da súa Xefatura Territorial en Pontevedra, inspecciona na presente tempada estival piscinas de uso colectivo repartidas por toda a xeografía provincial para garantir a súa calidade sanitaria. Deste xeito, ao longo da provincia de Pontevedra supervísanse un total de 411 piscinas, das que 110 son de uso continuo e 301 son de tempada.
Os técnicos da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra efectúan supervisións das instalacións e das análises da auga realizadas polos titulares e a mostraxe para determinar a calidade sanitaria da mesma cando o consideran necesario. No caso de non cumprirse os requisitos contemplados na normativa vixente, poder proceder incoando un expediente sancionador ou incluso suspender a actividade do recinto.
Indicacións de mantemento das piscinas
En canto ás indicacións de mantemento, os responsables das piscinas de uso colectivo na provincia de Pontevedra deben limpar e desinfectar periodicamente as instalacións e facer controis de cloro polo menos dúas veces ao día: pola mañá e no momento de máxima afluencia de bañistas nestas instalacións.
Ademais destas análises, deben realizarse controis mensuais da calidade da auga, dos que se extraen parámetros como a condutividade, o pH e o amoníaco ou a concentración de desinfectante, entre outros.
Segundo as indicacións e a normativa vixente, a cantidade de desinfectante da auga das piscinas non pode chegar a ser nunca irritante para os ollos, o pel e as mucosas dos bañistas e os produtos químicos que se usen teñen que estar homologados polo Ministerio de Sanidade.
Os responsables das piscinas de uso colectivo na provincia de Pontevedra deben realizar tarefas de limpeza e desinfección periodicamente así como controlar a diario os niveis de cloro
Vixilancia e mantemento das condicións hixiénico-sanitarias
A norma tamén indica que unha persoa formada en mantemento de piscinas ten que ocuparse de vixiar e manter as condicións hixiénico-sanitarias do recinto e da auga de baño.
Do mesmo xeito, un socorrista debe permanecer nas instalacións exercendo unha vixilancia eficaz durante o tempo de apertura ao o público e o lugar debe estar dotado dalgún sistema de seguridade que impida o acceso a nenos e nenas fóra do horario de apertura, coa finalidade de evitar accidentes.
Normativa vixente
A normativa vixente é o Real decreto 742/2013, do 27 de setembro polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas (BOE núm. 244, do 11 de outubro de 2013) e a da Comunidade Autónoma de Galicia relativa a estas instalacións, o Decreto 103/2005, do 6 de maio polo que se establece a regulamentación técnico-sanitaria de piscinas de uso colectivo (DOG núm. 90, do 11 de maio de 2005) no que non se opoña ao establecido no Real decreto 742/2013.
Así mesmo, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade dispón dunhas recomendacións sanitarias destinadas ás piscinas, que se poden consultar na súa páxina web http://www.sergas.es/saude-publica/piscinas .
Outros consellos preventivos
Esta Dirección Xeral da Consellería de Sanidade tamén lembra aos usuarios de piscinas de uso colectivo da provincia de Pontevedra outros consellos preventivos, como a necesidade de ducharse cada vez que se introduzan na auga e amosar precaución á hora de realizar certas manobras, como lanzarse de cabeza á piscina, asegurándose de que o vaso teña a suficiente profundidade e que non haxa ningunha outra persoa mergullada na mesma zona.
A Consellería de Sanidade recomenda aos bañistas o uso de chancletas ou calzado especial en piscinas, así coma o uso de gorro de natación. Do mesmo xeito, lémbrase que non está permitido comer, beber ou fumar en zonas reservadas para o baño nin deixar desperdicios nos recintos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108