Mos
Os tres grupos da oposición mosense non participarán no pleno de mañá
Os tres grupos da oposición da corporación do Concello de Mos, PSdeG-PSOE, GañaMós e BNG, decidiron non acudir ao pleno extraordinario convocado pola Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para mañá, martes 16 de xullo.
Para mañá teñen previsto unha rolda de prensa que terá lugar, as 11:00h no Pazo de Mos, na que intervirán os tres voceiros dos tres grupos: Victoria Alonso (PSdeG-PSOE), Román González (GañaMós) e Gustavo Barcia (BNG).
No encontro cos medios exporán os motivos para non participar no pleno e explicarán a súa postura sobre o único tema incluído na orde do día.
A alcaldesa de Mos convocou un Pleno Extraordinario sobre a “falsificación de documentos públicos e usurpación da empresa ficticia Aquamos”.
Na devandita sesión plenaria pretenderíase esixir “responsabilidades respecto da trama dos recibos falsos da auga aos investigados e presuntos implicados na mesma”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186