Lunes, 09 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 16 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
Mos

Arévalo pide a dimisión da Directiva de Montes de Tameiga e do voceiro de GañaMos

Hoxe celebrouse un Pleno Extraordinario no Pazo de Mos sobre a falsificación de documentos públicos e usurpación da empresa ficticia Aquamos. Na devandita sesión plenaria esixíronse responsabilidades respecto da trama dos recibos falsos da auga aos investigados e presuntos implicados na mesma. Sesión plenaria á que non acudiu ningún membro dos tres partidos da oposición, PSOE, BNG e GañaMos. De xeito que os catro puntos da proposta do goberno foron aprobados por maioría:

 

“1º A ratificación por parte deste Pleno da denuncia sobre os presuntos delitos de falsificación de documentos públicos e usurpación da empresa ficticia Aquamos".

 

"2º A destitución de toda a actual Xunta Directiva da Comunidade de Montes de Tameiga porque: Das vivendas do seu presidente, A. C., parten os recibos falsos emitidos; O seu coordinador, G. P., ordeou o envío das 4.000 cartas a través da oficina de Correos de Puxeiros e o empregado, C. R., levou as cartas a Correos por orden de G. P".

 

"3º A dimisión de Román González, voceiro de GañaMos porque: Entendemos que GañaMos é o brazo político da Comunidade de Montes de Tameiga; Levou na súa lista electoral, de nº 8, a Gonzalo Pérez, coordinador da Comunidade de Montes de Tameiga; Acusou falsamente ao PP de Mos e a Nidia Arévalo de facer unha montaxe respecto desta trama".

 

"4º Que PSOE e BNG condeen públicamente este presunto delito, xa que ata o de agora non se manifestaron ao respecto. Non sabemos se o apoian ou o rexeitan”.

 

Ademais a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que "o pasado 6 de xuño recibiuse no Concello notificación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 1 de O Porriño na que se lle poñía en coñecemento á administración local que figura 'como perxudicado por presuntos delitos de falsificación de documentos públicos e usurpación' ”

 

A rexedora local mosense considera que "o caso dos recibos da auga falsos se trata dunha trama política contra a súa persoa iniciada fai un ano. Trama que incluiu a convocatoria de Asambleas na Comunidade de Montes de Tameiga e nas Comunidades de Augas, manifestacións, pancartas en vivendas (unha delas colocada nunha das casas das que partiron os recibos falsos), mentiras para xerar alarma social como que a auga de Pereiras estaba contaminada, e o colofón final previo ás eleccións municipais: os recibos falsos".

 

Engadiu que "en innumerables ocasións GañaMos e a Plataforma Auga e Vida dixeron que o caso dos recibos falsos era unha montaxe e Román González, voceiro de GañaMos, no seu perfil persoal de Facebook escribiu literalmente que era unha 'factura pantasma', unha 'montaxe' e pediu para este tema “máxima transparencia e que non quedara no baúl do esquecemento”.

 

Datos da investigación

C. R., empregado da Comunidade de Montes de Tameiga levou as 4.000 cartas a Correos e declarou que quen lle mandou facelo foi G. P., coordinador da Comunidade de Montes de Tameiga e 8º na lista electoral de GañaMos; ademais de man dereita de A. C., presidente da Comunidade de Montes de Tameiga, de cuxas vivendas, casualmente, partiron os recibos falsos emitidos.

 

Apoio dos grupos da Corporación

Arévalo pediulle ademais neste Pleno a PSOE e BNG que "se posicionen claramente neste asunto porque ata o de agora ningún partido político da oposición condeou este delito nin se manifestou, non emitiron sinal de apoio algún ao Concello e ao goberno local, que dean explicacións de por que os apoiaron e se puxeron detrás da súa pancarta nas manifestacións, por que prestaron a súa imaxe, medios e apoio á Comunidade de Montes de Tameiga e aos seus membros amparándose na defensa do monte para atacarme. Gustaríame saber se eran coñecedores destes feitos… O único que sí teño totalmente claro é que todo isto utilizouse para intentar danar a miña imaxe e conseguir un rédito político que non era outro que a alcaldía de Mos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.