Sábado, 18 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 18 de Abril de 2026 a las 09:14:54 horas

Xornal21.es
Martes, 16 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Feira do Libro medra e aséntase como cita obrigatoria na axenda de verán

O concelleiro de Cultura e Lingua, Fernando Groba, fai un balance positivo da terceira edición da feira do libro de Ponteareas na que abriron os seus stands oito librarias e unha editorial e pola que pasaron as e os escritores galegos máis salientables deste último ano.


Grazas á feira do libro os e as ponteareás puideron conversar con escritores como Raquel Castro, Beto Luaces, Isabel Blanco, María Soliño, Luís Vallecillo, Manuel Esteban, Diego Giráldez, Anna R. Figueirido, Elena Gallego, Arantza Portabales, Alberte Momán, Iolanda Zúñiga, Clara do Roxo ou  Xoán Curiel.


Presentacións, sinaturas de libros, concertos, obradoiros, charlas sobre autismo da man de Familias Azuis, a convivencia lingüística do alumnado ponteareá a través do ERASMUS+ e descontos en todos os libros foron os ingredientes que fixeron que esta feira medre e se asente atraendo, cada ano, a un público máis amplo.


Fomentar a lectura e espertar a curiosidade polo mundo das letras en todos os seus formatos son algúns dos obxectivos da Feira do Libro de Ponteareas que se organiza en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia e que este ano contou coa colaboración especial do pregoeiro, Roi Vidal Ponte, dramaturgo e escritor.
Fernando Groba agradece a todos os participantes a súa colaboración e salienta desta edición a interacción que se producíu entre escritores, lectores e os libreiros e libreiras.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.