Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 20 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

35 concellos no programa “Tecendo Lazos 2019”

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a solicitude de adhesión de 35 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes ao programa “Tecendo Lazos 2019”, ao que a institución provincial destina este ano 59.455,76 euros. Esta iniciativa, que se desenvolve por cuarto ano consecutivo, está dirixida a persoas de todas as xeracións co obxectivo de, precisamente, crear espazos onde as persoas dunha mesma familia e doutras poidan xuntarse e intercambiar experiencias arredor das temáticas de cada obradoiro. A Deputación tamén busca promover valores que creen lazos afectivos entre elas e que así, os máis pequenos e pequenas adquiran habilidades novas e empatía cara a outras xeracións e, para as maiores, facilitarlles un envellecemento activo e san.


Máis polo miúdo, o obradoiro máis solicitado, cun total de 11 peticións, foi “Risos en familia”, que busca crear un espazo no que as persoas participantes aprendan a rir en contornas familiares. Pola súa banda, a acción “Faino ti”, que é un taller de expresión plástica e traballo manual con obxectos reciclados e reutilizados, foi solicitado por 10 concellos. No caso de “Xogos e xoguetes tradicionais”, un total de 8 concellos solicitaron este obradoiro no que non só compartirán xogos tradicionais cos que xogaban as máis maiores, senón que deberán construílos e ao contrario: as cativas e cativos tamén lle poderán ensinar ás xeracións maiores os xoguetes cos que xogan agora.

 

Por último, 6 concellos da provincia solicitaron “O noso son: bailes de agora e de sempre”, que traerá á actualidade os bailes e cancións típicas da zona.


“Tecendo Lazos 2019”, dirixido a persoas que teñan entre 6 e 99 anos, chegará aos concellos de Poio, Ponte Caldelas, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, A Lama, Vilaboa, Valga, Barro, Portas, Moraña, Gondomar, Vila de Cruces, Forcarei, Bueu, A Illa de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Campo Lameiro, A Guarda, Pontecesures, Salceda de Caselas, A Cañiza, Caldas de Reis, Moaña, Cuntis, Covelo, Meis, Rodeiro, O Rosal, Baiona, Silleda, Ribadumia, O Porriño e Nigrán.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.