Miércoles, 15 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 19 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Campamentos de verán en Salvaterra de Miño

Esta semana daba comezo a segunda quincena do Campamento de Verán, enmarcado no programa de conciliación familiar que se desenvolve dende o Concello de Salvaterra de Miño. 

 

Este Concello leva anos traballando dentro de diferentes accións, liñas de actuación  e programas pola conciliación familiar e laboral, durante todo o ano, se ben é verdade que é sobre todo na época estival onde se fai un esforzo máis salientable, xa que é a época mais difícil para a propia conciliación.  Salvaterra é un Concello en crecemento, onde moitas parexas novas elixiron vir a vivir e formar a súa familia nun entorno tranquilo e onde o que se prima é a calidade de vida. 

 

Nun Concello cunha poboación infantil de 4 a 14 anos de máis de 900  nenos é moi importante planificar as accións tanto formativas como de ocio e focalizalas e dirixilas sobre todo a esa franxa de idade, por ese motivo este ano decidiuse, dende Alcaldía, dar un paso máis e estender estes campamentos de conciliación, que nun principio estaban enfocados ao mes de xullo, tamén ao mes de agosto. Así este ano a oferta esténdese as catro quincenas, nas que participan máis de 100 nenos e nenas, coa opción de aula matinal e comedor, en colaboración coa ANPA.

 

Durante estes dous meses os participantes realizarán diferentes actividades de animación musical, obradoiros, deporte, xogos de auga...

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.