Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Cayetano Lledó presenta o vindeiro xoves na Guarda o seu espectáculo de maxia

O vindeiro xoves día 25 de xullo o Auditorio de San Bieito da Guarda acolle o espectáculo de Maxia «Lafayette Show» a cargo de Cayetano lledo, un produtor e distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación galego.

 

[Img #55088]O evento arrancará ás 20:30h cun espectáculo de maxia teatralizada, con comedia e humor, apto para todos os públicos. Teatro e ilusionismo con maxia musical, manipulación de cartas e obxectos, clown, cambios de vestuario, números de mentalismo, hipnosis, pantomima, danza...

 

As obras de Cayetano Lledó están baseadas na comedia e na maxia cómica. Ten participado en moitos festivais internacionais de ilusionismo, e ten desenvolvido a súa maxia en diversos países europeos.

 

Hoxe en día, a súa actividade profesional versa ao longo de dúas liñas de traballo: por unha banda, a investigación e desenvolvemento de efectos máxicos aplicados á escena; e pola outra, a interpretación, produción e distribución de espectáculos de maxia teatralizada.

 

Chega á Guarda con gañas de dar a coñecer aos veciños e visitantes da Guarda o seu traballo e facelos partícipes do mesmo, cun show que gustará a pequenos e maiores.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.